Novas circulares do Fega sobre control das axudas asociadas e do pago verde

Novas circulares do Fega sobre control das axudas asociadas e do pago verde

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) publicou este venres tres novos documentos nos que informa de cambios nos sistemas de control das axudas asociadas e do pago verde da Pac.

A primeira circular de coordinación é relativa ás prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medioambiente. En concreto, establece as actuacións para levar a cabo por parte dos organismos pagadores, en coordinación co FEGA, mediante os correspondentes controis administrativos e/ou sobre o terreo, que permitirán verificar se os beneficiarios do pago do Greening respectan ou non as condicións e requisitos establecidos na normativa vixente, nacional e comunitaria, así como a aplicación das reducións e penalizacións en caso de incumprimento.

A segunda normativa é relativa ao plan nacional de controis das superficies declaradas para pagos acoplados na solicitude única 2017-2018. En concreto, a circular ofrece información actualizada sobre os controis mínimos a realizar no marco do Sistema Integrado de Xestión e Control das axudas asociadas por superficies. Ademais, a circular marca as directrices para que tanto os controis administrativos como sobre o terreo aseguren a comprobación eficaz das condicións de concesión das axudas.

Por último, a terceira circular do Fega afecta os controis das primas gandeiras, establecendo os controis mínimos a realizar por parte da Administración. Marca tamén as directrices para que tanto os controis administrativos como sobre o terreo aseguren a comprobación eficaz das condicións de concesión das axudas.

O Fega informa de que estas circulares acordáronse en consenso co Ministerio e as Comunidades Autónomas mediante as reunións do grupo de coordinación de Axudas Asociadas e Pago Verde, constituído polo Fega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información