Nova suba dos prezos de Ternera Gallega en Amio

O Mercado de Gando de Amio acordou este mércores unha subida xeral da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega que vai dende os 3 ós 5 céntimos. En concreto, a mesa de prezos decidiu subir nun mínimo de 3 céntimos os prezos de tódalas canais, tanto da categoría Suprema como na de Ternera Gallega.

A maiores desta subida, tamén incrementaron 2 céntimos adicionais -representando un aumento total de 5 céntimos- os prezos das canais de Suprema de pesos superiores a 225 quilos, nos machos; e de 200 quilos nas femias.

En canto á mesa de cotizacións do gando de abasto, no gando de recría decidiron baixar en 5 euros os prezos dos machos descalostrados e lactantes de raza Frisoa. Aínda que non se modificaron os demais prezos, os vogais aprecian unha tendencia á baixa xeral, tanto na recría cruzada como na Rubia Galega.

Tamén baixan 5 céntimos os canais de vacún maior das calidades O3 a O1 e P. Namentres, os prezos do vacún mediano para sacrificar mantéñense sen cambios con respecto á sesión pasada.

Nesta xornada contabilizáronse un total de 2.197 reses, 122 máis que o pasado mércores, día 10 de xullo. Houbo 1.765 cabezas de vacún menor (89 máis que na sesión anterior), 245 de vacún mediano (8 máis que a semana pasada) e 173 de vacún grande (17 máis que na outra feira).

Máis información
Táboa de prezos de Amio (17-VII-2019)

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información