Nova baixada para o porcino en Silleda

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou hoxe baixadas nos prezos tanto do porco cebado como nos leitóns. Tamén en Madrid acordan unha redución para o coello

Nova baixada para o porcino en Silleda

A mesa de cotizacións do porcino da Central Agropecuaria de Galicia – Abanca acordou hoxe novas baixadas dos prezos. Esta semana as reducións afectaron tanto ó porco cebado coma ós leitóns.

No caso dos animais cebados de categoría selecta e normal a baixada foi de 0,050 euros e pasan a cotizarse a 1,405 e 1,380 euros o quilo, respectivamente. Nos exemplares de Canle II o prezo sitúase en 1,792 euros o quilo, logo dunha caída de 0,065 euros. Os animais de desvelle cotízanse entre 0,75 e 0,81 euros o quilo, despois dunha baixada do prezo de 0,060 euros.

Nos leitóns a baixada foi de 6 euros para ambas categorías. Así, os animais procedentes dunha única granxa sitúanse nos 65 euros, mentres que os chegados de varias ganderías cotízanse a 60 euros. O prezo do quilo é de 3,25 euros e 3 euros, respectivamente.

Tamén houbo unha baixada do prezo do coello na Lonxa de Madrid e agora pasa a cotizarse a 1,75 euros o quilo, despois dunha redución de 0,10 euros.

 

Central-Agropecuaria-de-Galicia-Porcino-28_04_2020

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información