Nova baixada do gando de recría no Mercado de Amio

As cotizacións das Mesas de Prezos do Mercado de Amio rexistraron esta semana unha nova baixada do prezo do gando de recría, por segunda semana consecutiva. Por unanimidade acordouse unha baixada de 10 euros en todas as calidades dos machos descostrados e lactantes da raza Frisona.

Como indican dende o Mercado, esta diminución dos prezos do gando pinto débese fundamentalmente a dous motivos. Por unha banda, a diminución da demanda do consumo dos animais aptos para o sacrificio está a provocar que apenas haxa sitio nos cebadeiros para novas remesas de descostrados e lactantes. E por outro lado, a competencia dos exemplares procedentes de Francia e Polonia está a deixar a recría de Frisón do mercado galego nunha posición de desvantaxe.

En canto ó resto dos prezos mantivéronse sen cambios con respecto á sesión pasada tanto para o gando de recría, como para o de abasto de sacrificar ou para o gando vacún maior. Tampouco houbo modificacións nos prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega.

O mercado contou nesta sesión con 1.866 reses, 176 menos que o pasado 10 de outubro. Contabilizáronse 1.481 cabezas de vacún menor (62 menos que na sesión pasada), 201 de vacún mediano (37 menos que na feira anterior) e 159 de vacún grande (72 menos).

Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (17-X-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información