Mozos agrogandeiros de Irlanda, Letonia e Francia visitarán esta semana Galicia

Mozos agrogandeiros de Irlanda, Letonia e Francia visitarán esta semana Galicia

Doce profesionais da agricultura e da gandería, de entre 18 e 25 anos, procedentes de Irlanda, Letonia e Francia inician hoxe o programa de actividades e visitas previstas para toda a semana, como unha das experiencias formativas incluidas na iniciativa LeadFarm, que busca lograr un equilibrio xeracional e de xénero nas cooperativas agroalimentarias, fortalecendo as habilidades da nova xeración de agricultores (homes e mulleres) para garantir o cambio xeracional nas explotacións familiares e nas cooperativas.

As cooperativas agroalimentarias supoñen un apoio fundamental para as explotacións familiares e contribúen ao seu desenvolvemento futuro. Non obstante, percíbese unha falta de participación e compromiso entre a mocidade tanto na xestión das propias explotacións familiares como nas actividades diarias da cooperativa á que pertencen, unha falta conciencia da importancia da estrutura cooperativa para a sustentabilidade das súas granxas. O cambio xeracional non está garantido. Hai unha falta tanto de xente nova como de mulleres na composición dos consellos reitores; por esta razón, a participación activa deses dous colectivos valórase moi positivamente como vía para garantir a continuidade das cooperativas.

Esta é a segunda acción incluida dentro das “mobilidades transnacionais”, a primeira tivo lugar do 18 ao 22 de febreiro cando os mozos e mozas galegos, irlandeses e letóns, xunto cos franceses, percorreron diversas granxas cooperativas do contorno de París co fin de coñecer formas diferentes de xestión, onde a participación tanto de mulleres como de xente nova proporciona un importante valor engadido á xestión da cooperativa. Unha maneira de abrir a mente a outras realidades e formas de traballar, así como unha oportunidade para promover a aprendizaxe de idiomas.

Programa previsto

Luns 17.Recepción dos participacións e presentacións. Santiago de Compostela

Presentación sobre sobre Economía Social e o movemento cooperativo en Galicia/España, a cargo de Alba Paz, Subdirectora de Economía Social da Xunta de Galicia.

Presentación sobre as cooperativas agroalimentarias en Galicia/España, a cargo de Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

Martes, 18.Cambados

COOPERATIVA HORSAL: dedicada ao cultivo e comercialización de hortalizas e froitas. Unha das maiores empresas produtoras de hortalizas de Galicia, une a 90 familias de toda Galicia, sobre todo, da comarca costeira do Salnés.

ADEGA PAZO BAIÓN: da cooperativa Condes de Albarei. Pazo Baión, exemplo de boas prácticas de responsabilidade social. A presidencia de Condes de Albarei está ocupada por Dolores Calvo, unha muller que contará a súa experiencia como viticultura e integrante do consello de dirección da cooperativa.

Mércores, 19.- Rodeiro

COOPERATIVA O RODO: cooperativa agrícola multisectorial, que proporciona varios servizos aos seus membros, como servizos de maquinaria en común entre outros.

CASA DO REI, SC: granxa leiteira e avícola dirixida por Jesús Montes, un agricultor mozo, que tamén é membro da cooperativa O Rodo.

Xoves, 20 .- Silleda

SAT O CHOPE: unha granxa leiteira e porcina xurdida da unión de dúas explotacións familiares. Manuel Iglesias, agricultor mozo, falará sobre o relevo xeracional e tamén sobre o seu plan para mellorar a eficiencia da granxa respectando o medio ambiente e utilizando novas tecnoloxías.

Venres, 21.-Final en Santiago

Exposición sobre a Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, a cargo de José Gómez, Secretario Executivo do Consello Regulador da IXP.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información