A DO Monterrei estrea nova web

Publicidade
A DO Monterrei estrea nova web

Vista da nova web da DO Monterrei.

A Denominación de Orixe Monterrei acaba de activar nova páxina web: www.domonterrei.wine, coa que busca actualizar a imaxe da denominación ao ampliar o dominio .wine. A páxina pretende ser unha ferramenta de información útil sobre a denominación á vez que procura servir de plataforma interactiva para adegas e viticultores.

A nova web conta con apartados con información sobre o funcionamento do propio Consello Regulador (como a estrutura, os obxectivos ou a lexislación), así como cun percorrido pola historia e o territorio da DO. Tamén dispón de apartados específicos sobre as característica edafoclimáticas desta denominación, as variedades de uva autorizadas, a tipoloxía de viño que se produce ou información de cada unha das adegas que integran esta demarcación.

Inclúe un área de viticultura con previsión meteorolóxica en tempo real e unha sección restrinxida, só de acceso para as adegas socias

Outra das novidades que inclúe a web é unha área de viticultura, que permitirá aos viticultores e adegueiros dispor dunha previsión meteorolóxica en tempo real. O espazo serve tamén como acceso a outras páxinas de utilidade para o seu labor diario como o Rexistro de Produtos Fitosanitarios, o Sixpac, a Sede Electrónica do Catastro ou a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), entre outras.

Ademais, a web é accesible desde tódolos dispositivos móbiles e pode consultarse tanto en galego, castelán, alemán e inglés. A web inclúe tamén noticias sobre a denominación e actividades que se realizan na mesma. O portal dispón dunha área restrinxida, só de acceso para as adegas socias, na que informan sobre asuntos relevantes e documentación de interese para axilizar os trámites administrativos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información