Permitiranse segundas vivendas en solo rústico ligadas a explotacións

O Consello da Xunta aprobou o inicio dos trámites do cambio da normativa, que tamén facilitará a construcción de albergues turísticos no ámbito dos Camiños de Santiago

Permitiranse segundas vivendas en solo rústico ligadas a explotacións

A Xunta de Galicia decidiu modificar a Lei do Solo para flexibilizar a construción de vivendas en solo rústico. Na actualidade, xa era posible a construción en solo rústico dunha vivenda ligada a unha unidade agraria. Co cambio da normativa, será posible edificar unha segunda vivenda en solo rústico ligada á mesma explotación agraria.

O obxectivo do cambio, segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, é permitir a construción de vivendas para temporeiros, persoal ou unha segunda vivenda ligada á explotación agraria por motivos xustificados, coma a dimensión ou características da explotación. En canto ó persoal, a resolución do Consello da Xunta especifica que permitiranse vivendas para “persoas que exerzan tarefas de vixilancia, asistencia, xestión ou control derivadas ou esixidas polas características da explotación”.

Así mesmo, poténciase o turismo en solo rústico, especialmente o relacionado coa posibilidade de construír albergues turísticos vinculados ós Camiños de Santiago.

Outro dos aspectos que modificará a Lei do Solo é a ampliación das edificacións tradicionais existentes en solo de núcleo ou en solo de uso rústico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información