Miranda recorda que a negociación do prezo do leite farase con 2 meses de antelación

Miranda recorda que a negociación do prezo do leite farase con 2 meses de antelación

Fernando Miranda (dereita).

O director xeral de Produción e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Fernando Miranda, recordou en Lugo que os cambios introducidos na lexislación que regula as relacións contractuais no sector lácteo establecen, entre outras medidas, que a negociación do prezo do leite entre productores e industrias ten que realizarse polo menos con dous meses de antelación ás entregas.

“As modificacións que introducimos no Decreto que saíu publicado o 28 de febreiro son que a industria, a partir de agora, ten que ofrecer contratos de polo menos un ano de duración”, explicou o director xeral.

En todo caso, subliñou que “é máis importante aínda” o feito de que as “ofertas téñenlles que chegar aos gandeiros polo menos dous meses antes de que se inicien as entregas”, polo que se vai “a promover un cambio de mentalidade”, de xeito que o prezo do leite negociarase “a máis longo prazo”.

Desde o seu punto de vista, iso vai dar lugar no sector a unha “negociación máis estable” e “máis duradeira”, na que “tanto o gandeiro como a industria se sintan un pouco máis cómodos do que se senten agora os uns cos outros”.

Outro dos cambios que se introduce no Real Decreto, que saíu publicado o 28 de febreiro, é que “agora o mecanismo sancionador é o da cadea”.

“Antes non tiñamos ese mecanismo sancionador, co cal custábanos moito máis impoñer sancións cando se incumplía. Agora si que temos mecanismos sancionadores e, ademais, vai haber un plan de controis”, indicou, que “estará coordinado pola Axencia de Información e Control Agroalimentaria”.

Polo tanto, en relación con ese plan de controis, entenderase que “o que incumple é o que ten maior poder dentro da cadea, que é neste caso a industria, co cal, no caso de que haxa incumprimentos, actuarase e impoñeranse sancións”.

Precisou, ademais, que “as sancións non saen gratis, as sancións custan, co cal nós pensamos que imos conseguir un grado de implantación moi alto”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información