A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Millo BMR, mellor dixestibilidade para unha maior produción de leite

Pioneer lanza un híbrido de ciclo 700 que produce menos lignina, a parte non dixestible da planta, o que aumenta a eficiencia do ensilado. Recoméndase para granxas cun uso alto de ensilado ou vacas de alta produción

Millo BMR, mellor dixestibilidade para unha maior produción de leite

Campo de ensaio de Pioneer. / Arquivo.

Os millos BMR presentan unha mutación natural que lle afecta á síntese da lignina, reducindo os seus niveis na planta. Deste xeito, presentan unha maior dixestibilidade da fibra, que se traduce nun maior valor nutricional para a alimentación dos rumiantes (superior ao dos híbridos convencionais) e nunhas maiores porcentaxes de inxestión.

Son millos que visualmente distínguense por presentar unha coloración marrón no nervio central da folla, de aí provén o nome das súas siglas en inglés BMR (‘Brown Mid-Rib’ = Nervio central marrón). Posteriormente, tamén se aprecia claramente esta coloración máis escura no talo.

O aumento na dixestibilidade da fibra pode variar entre un 4 e un 10% en comparación con millos convencionais

O incremento na dixestibilidade da fibra pode variar entre un 4% e un 10% respecto de millos convencionais, medido como dixestibilidade da fibra neutro deterxente (dFND-24h) en laboratorio.

Un resultado claro do seu uso é que se aprecia unha maior capacidade de inxestión de materia seca por parte dos animais alimentados con silo de millo BMR, traducíndose nunha maior capacidade de produción de leite. Recoméndase destinar silos exclusivos para o millo BMR, de maneira que facilite a formulación das racións, e o uso de inoculantes a base de ‘Lactobacillus buchneri’ durante o proceso de ensilado, para asegurar a estabilidade aeróbica do silo.

Un resultado claro é que se aprecia unha maior capacidade de inxestión de materia seca por parte dos animais, o que se traduce en maior produción de leite

O millo BMR considérase especialmente indicado para dietas con altas taxas de incorporación de ensilado, e a decisión da súa utilización debería compartirse co nutricionista da granxa, de xeito que poida axustarse a formulación correcta da ración.

O primeiro híbrido de millo BMR comercializado en Europa é P2046 de Pioneer, un híbrido de ciclo 700 que inaugura unha nova clase de produtos que sen ningunha dúbida revolucionará a alimentación do vacún de leite nos próximos anos. Nun contexto de prezos moi axustados, incrementar a rendibilidade coa tecnoloxía máis innovadora é a actitude máis intelixente. O seu Asesor Agronómico Pioneer ten toda a información necesaria para que leve adiante con éxito o seu cultivo de millo Pioneer P2046. Contacte con el.

Máis información na web de Pioneer

  • Millo BMR P2046
  • Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *