A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Millares Torrón, importador das sementadoras Delimbe, acoplables a equipos de laboreo

A firma lucense comercializa e monta as máquinas neumáticas de sementeira sobre gradas rotativas, gradas rápidas ou fresadoras. Esta combinación permite un gran abaratamento dos equipos e reduce o traballo no campo

Millares Torrón, importador das sementadoras Delimbe, acoplables a equipos de laboreo

As sementadoras neumáticas acopladas ó equipo de laboreo reducen de xeito sustancial o peso dunha sementadora arrastrada convencional.

A empresa lucense Millares Torrón é importadora das sementadoras Delimbe, unha marca francesa que ofrece unha ampla gama de sementadoras neumáticas acoplables a equipos de laboreo. Esta combinación permite un gran abaratamento das máquinas de sementeira e reduce á vez o traballo no campo, pois nunha mesma pasada faise traballo de laboreo e de reparto da semente.

Os equipos de Delimbe están a experimentar en Galicia un crecemento importante de vendas nos últimos anos. “Dun ano a outro case se está duplicando a demanda. A clave está en que son uns equipos que prestan un gran servizo e moi baratos, pois pódense adquirir desde 3.000 euros + Ive a gama básica”, explica José Ángel Millares, o xerente da firma lucense.

millares sementadora 2

As sementadoras neumáticas Delimbe contan cunha ampla gama de modelos en volume e prestacións. Hai tolvas que van dos 300 ós 1.000 litros de capacidade e a turbinación da semente pode facerse con caudal eléctrico ou hidráulico. Todas elas incorporan un dosificador de semente preciso, que permite regular a cantidade de semente a botar por hectárea.

Existe tamén a posibilidade de montar máquinas con dúas tolvas, de xeito que o propio equipo encárgase de combinar as dúas sementes nas proporcións que se lle marquen, o cal é moi útil para sementeira de pradeiras mixtas, por exemplo de raigrás máis trevo.

Millares Torrón encárgase da instalación da sementadora sobre o equipo de laboreo co que se queira usar, que pode ser unha grada rotativa, unha grada rápida de discos ou fresadoras. A combinación da grada coa sementadora presenta un peso reducido en comparación cunha máquina de sementeira convencional, co cal pode ser xestionada por un tractor da mesma potencia que requira o equipo de laboreo.

O equipo de laboreo garante un enterrado axeitado da semente.

O equipo de laboreo garante un enterrado axeitado da semente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *