A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Mercarural estrea superficie comercial en A Barrela

A cooperativa Icos ampliou a súa tenda no municipio lucense de Carballedo baixo os criterios estratéxicos e estéticos de Mercarural.

Mercarural estrea superficie comercial en A Barrela

Aspecto da ampliación da tenda Mercarural da Barrela

O pasado venres mostrábase ao público a tenda de Icos en A Barrela (Carballedo) cunha nova imaxe baixo o selo Mercarural impulsado por Delagro. A reforma responde á continua vontade das entidades de satisfacer a crecente demanda dos consumidores da zona, de produtos agrarios e alimentarios, que xa comezou o ano pasado co éxito da implantación do departamento de peixería.

Con máis de 300 metros cadrados, a superficie comercial gaña un 10% de sala de venda, o que supón un considerable incremento no catálogo de produtos.

Novidades

Potenciouse en tenda a sección de pensos para mascotas, ademais de incorporar planta viva no departamento de xardinería, no que tamén se potenciaron as familias de rego, poda, sufatado e sementes.
No que respecta a ferraxería e bazar, introdúcense novas ferramentas manuais e eléctricas e amplíase o surtido de bombillas e material eléctrico.

Entre outras melloras nos departamentos de alimentación e fogar, incrementáronse en 55 metros os lineais de libre servizo. A sección de refrixerados ampliouse nun 60%, estendendo a selección derivados lácteos. Duplicouse tamén, o espazo de produtos conxelados.

Mercarural

O selo Mercarural, creado pola cooperativa de segundo grao Delagro, busca dotar ás tendas agrarias do contorno rural dunha imaxe corporativa recoñecible, moderna e diferenciada e dunha estratexia comercial baseada na competitividade, mantendo sempre criterios estéticos e comerciais axustados á casuística de cada zona, para a mellor satisfacción da demanda.

José Manuel Díaz, responsable do Departamento de Mercarural de Delagro, e Jesús Bardelás, director de Icos, cooperativa especializada en lácteo, subministracións e servizos, acudiron á inauguración do establecemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información