A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Mercarural, a cadea de Delagro, premiada pola súa estratexia de compras

A Asociación Española de Profesionais de Compras, Contratación e Aprovisionamentos entregou onte en Madrid á cooperativa un accesit dos seus premios anuais polo seu bo facer

AERCE - Premios Diamante 2019

Paco Ansede recollendo o premio en nome de Delagro onte na gala anual de AERCE

A cooperativa Delagro foi galardonada cun Accésit na categoría de Mellor Estratexia de Compras nos premios O Diamante da Compra promovidos pola Asociación Española de Profesionais de Compras, Contratación e Aprovisionamentos (AERCE).

O recoñecemento a Delagro pola xestión da súa cadea de tendas Mercarural tivo lugar onte en Madrid onde o responsable da Unidade de Negocio especializada en punto de venda, Paco Ansede, recolleu este prestixioso premio no foro da organización de compras máis importante de España.

Trátase do galardón que outorga a organización de compras máis importante de España

O Diamante da Compra é unha iniciativa de AERCE cuxos obxectivos son recoñecer o labor de persoas implicadas na función de Compras e a institucións destacadas polo seu apoio e desenvolvemento da devandita función; ser unha clara ferramenta de divulgación das mellores prácticas empresariais, e promocionar os departamentos de Compras, como clave nas organizacións.

A partir de agora, DELAGRO/ MERCARURAL une o seu nome ao doutras importantes empresas galardoadas en anos anteriores como ACCIONA, NESTLÉ ou MAHOU SAN MIGUEL, entre outras. Este gran logro recoñece o impecable labor de Delagro na xestión de compras ás súas cooperativas socias.

Mercarural conta na actualidade con 33 tendas

Mercarural Delagro1

É frecuente que as distintas cooperativas agrogandeiras dispoñan de tendas agrarias, orientadas, principalmente, á venda de produtos relacionados coa agricultura e gandería, ademais ofrecen produtos de consumo, ferraxería, xardín, etc. Trátase dun servizo apreciado polas persoas socias e tamén pola súa contorna.

Actualmente contabilízanse 13 establecementos Mercarural ademais doutros 20 puntos de venda xestionados pero aínda sen a estética da marca

Co paso dos anos fóronse sumando outro tipo de artigos: roupa, calzado, recambios de maquinaria, alimentación, bebidas, etc… seguindo os criterios de cada entidade promotora, funcionando con distintos xestores de compras, provedores e políticas comerciais.

Co fin de dotar dunha imaxe de marca, establecer criterios profesionais e obxectivos na estratexia de comercialización, unificar as variedades ou promocións das distintas tendas, créase, no ano 2011, a Unidade de Negocio Mercarural.

Delagro, exemplo de integración cooperativa despois de 25 anos

Delagro (membro de Cooperativas Agro-alimentarias de España) é unha cooperativa de segundo grao do sector agrícola e gandeiro (lácteo principalmente), que xorde fai xa preto de 25 anos co obxectivo de converterse no mellor exemplo de integración cooperativa.

Delagro, unha das centrais de compras e distribución máis importante do norte de España, integra a 45 cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia

Delagro Sociedade Cooperativa integra hoxe a 45 cooperativas socias situadas nas comunidades autónomas de Asturias, Cantabria e Galicia, ademais de colaborar con outras cooperativas de compoñente lácteo de Euskadi, Castela e León e Portugal, converténdose desta forma nunha das máis importantes centrais de compras e distribución do norte de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *