Medio Rural incrementará nun 12% os orzamentos de 2016 para os consellos reguladores

A titular de Medio Rural reuniuse hoxe cunha representación das denominacións de orixe de viño de Galicia

Medio Rural incrementará nun 12% os orzamentos de 2016 para os consellos reguladores

Reunión da conselleira cos representantes dos consellos reguladores

A Consellería do Medio Rural incrementará en 2016 nun 12% os orzamentos dedicados a apoiar o traballo dos consellos reguladores de todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas. Estes fondos destínanse a financiar os gastos de funcionamento destes organismos, as actividades de promoción que levan a cabo e os programas de control da calidade agroalimentaria. Deste xeito, a Xunta destinará un total de 3,4 millóns de euros a este fin, fronte aos 3,04 millóns de 2015.

Así o destacou onte a conselleira Ángeles Vázquez na reunión que mantivo cunha representación das denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia e que serviu tamén para reforzar as liñas de colaboración entre a Administración autonómica e as D.O. en materia de ordenación, fomento e promoción dos viños galegos.

Das partidas orzamentarias para o vindeiro ano, a que maior incremento rexistra é a referida ás axudas aos programas de control, que medra un 50%. Os fondos para promoción aumentan un 10% e a achega para gastos de funcionamento sube un 5,66%.

Datos económicos

A conselleira do Medio Rural salientou tamén os datos económicos das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia (Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra, Rías Baixas e Monterrei). Así, sinalou que xeraron en 2014 un valor económico estimado en 153,8 millóns de euros, cunha produción de viño cualificado que acadou os 34,9 millóns de litros. Ademais, Ángeles Vázquez destacou que estas D.O. agrupan a un total de 16.371 viticultores e 448 industrias e que a superficie de viñedo amparada acada en conxunto as 9.559 hectáreas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información