Medio Rural elevará un 20% as axudas aos Consellos Reguladores agroalimentarios

Publicidade
Medio Rural elevará un 20% as axudas aos Consellos Reguladores agroalimentarios

O Consello do Goberno da Xunta de Galicia aprobou este xoves o reparto de axudas para 24 entidades que xestionan as indicacións xeográficas e denominacións de orixe protexidas da comunidade.

En concreto, para o vindeiro ano o orzamento increméntase nun 20% ata os 600.000 euros, que se distribuirá entre 24 entidades segundo criterios de reparto obxectivos.

En concreto, tivéronse en conta aspectos relacionados coa maior ou menor capacidade de autofinanciamento, favorecendo aos consellos reguladores que teñen menor facilidade para conseguir recursos propios; o peso dos gastos de persoal sobre o total de gastos, primándose o apoio aos consellos reguladores que teñen un peso relativo maior neste tipo de gastos; e a maior ou menor dispersión xeográfica, outorgándose máis puntos a aqueles consellos reguladores que deben atender inscritos nunha área máis ampla. Así, estas 24 entidades recibirán entre 12.500 e 35.000 euros cada unha para cubrir todo tipo de gastos de traballo e facilitar o seu labor de todo o ano.

Entre os gastos subvencionables están os custos de persoal, incluídas as cotizacións á Seguridade Social e as retencións do IRPF, e bens correntes e de servizos relacionados coa actividade normal dos consellos reguladores, tales como: alugueiro de locais, bens funxibles, electricidade, telefonía, auga, gas, envíos e mensaxeira, pólizas de seguros, gastos de desprazamento, manutención, aloxamento, etc.

O sector agroalimentario dos produtos de calidade supón unha facturación anual duns 400 millóns de euros e implica a case 30.000 explotacións agrarias (moitas delas de carácter familiar) e 900 industrias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información