Medio Rural defende a súa xestión no PDR 2007-2013

A Consellería advirte de que o nivel de execución en Galicia dos fondos europeos de desenvolvemento rural é superior ó acadado por comunidades como Extremadura ou Andalucía

Medio Rural defende a súa xestión no PDR 2007-2013

Reunión da conselleira cos delegados territoriais da Xunta.

A Consellería do Medio Rural mantivo un encontro cos delegados territoriais da Xunta para avanzar no deseño das políticas relacionadas co Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020. A reunión serviu tamén para avaliar o anterior PDR 2007-2013, que estivo prorrogado ata o 31 de decembro pasado. Medio Rural suliña que se executaron case o 94% dos fondos europeos do periodo 2007-2013 e que só se perderon un 6% dos cartos, unha porcentaxe inferior á de comunidades como Andalucía ou Extremadura, con programas dunha magnitude semellante ó PDR galego.

Entre as causas que impediron en Galicia unha maior execución dos fondos, a Xunta alude a un grao baixo de execución nas dúas primeiras anualidades, 2007 e 2008, correspondentes ó anterior Goberno. Medio Rural sinala tamén que houbo unha renuncia significativa a algunhas liñas de axuda por parte dos potenciais beneficiarios, xa que a crise reduciu as posibilidades de cofinanciamento privado dos investimentos requeridos, valora a Administración.

A perda de fondos europeos fora criticada onte polas organizacións agrarias, que pedían un esforzo da Consellería para mellorar a execución de cara ó actual PDR.

Liñas de axudas no 2016
En canto ás liñas de axudas do novo PDR, Medio Rural destaca que xa publicou 17 convocatorias e para os vindeiros meses ten prevista a publicación doutras 33 para cuestións como servizos de asesoramento, xestión e substitución en explotacións agrícolas, reconversión varietal de viñedo ou mellora dos camiños municipais, entre outras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información