Medio Ambiente posterga ó 2019 a convocatoria de axudas para prevención de danos de lobo

Medio Ambiente posterga ó 2019 a convocatoria de axudas para prevención de danos de lobo

Mastíns co gando. / Imaxe: Beealia.

Logo das reclamacións que se trasladaron nos últimos días desde o sector gandeiro, a Consellería de Medio Ambiente descartou convocar este ano axudas para medidas de prevención dos danos do lobo, postergando a convocatoria para o 2019. Desde Medio Ambiente explican que están traballando xa para habilitar un anticipo de gasto con cargo ós próximos orzamentos, de xeito que a comezos do próximo ano estea en marcha a convocatoria de subvencións.

A Consellería explica que un dos seus obxectivos é que, a diferenza do que ocorreu no 2016 e no 2017, os beneficiarios das axudas dispoñan de máis prazo para a execución dos proxectos subvencionados.

O pasado ano, a Administración convocara e resolvera as axudas na segunda metade do ano, o que levou a que, por cuestións administrativas, os beneficiarios quedasen cun prazo moi escaso para a execución das axudas, dándose casos nos que tiveron que renunciar ós apoios por carecer de prazo para a execución das liñas subvencionadas.

Una idea sobre “Medio Ambiente posterga ó 2019 a convocatoria de axudas para prevención de danos de lobo

  1. Carlos Alberto Rodriguez Rodriguez

    ¿E por qué en lugar de postergar ata comezos de 2019 non se convocaron en Xaneiro-Febreiro de 2018?

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información