Media de 2.075 euros na poxa de gando Frisón de Chantada

Media de 2.075 euros na poxa de gando Frisón de Chantada

Imaxe da poxa de gando Frison. Foto: Concello de Chantada

Coincidindo coa Feira do Viño celebrouse este sábado en Chantada unha nova edición da poxa de gando Frisón, organizada por Africor Lugo, a cooperativa Icos e o Concello de Chantada.

En total, saíron á venda 19 animais, 16 vacas paridas e tres xovencas próximas ao parto, vendéndose todos os exemplares presentados.

Nas vacas paridas, a maioría primeirizas, o prezo medio polo que se adxudicaron foi de 2.075€, uns cen euros menos que na anterior poxa de febreiro, en Castro Ribeiras do Lea. Os compradores foron principalmente gandeiros de Lugo e tamén de Pontevedra.

As dúas ganderías do concello de Pol que presentaban animais, ambos con dúas fillas de Torrel, foron as que acadaron os prezos máis altos da poxa. En concreto, a vaca primeriza presentada pola gandería O Conde, chegou ata os 2.850€. Trátase dunha filla de Torrel, con nai DancerBB84 e que produce 45 Kg. de leite.

En xatas, foi outra filla de Torrel, con nai Baxter BB80, preñada de xullo con seme sexado de Leomarcos, e presentada pola gandería Marey Castro a que acadou maior prezo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información