Media de 1950 euros na poxa de Acruga en Boimorto

Media de 1950 euros na poxa de Acruga en Boimorto

Xovencas de Acruga poxadas en Boimorto

As cinco xovencas que Acruga poxou o domingo en Magreco 2017, a feira de maquinaria agrícola e produtos ecolóxicos de Boimorto, lograron un prezo medio duns 1950 euros, despois da adxudicación de todos os animais, tres deles por encima do prezo de saída.

Unha xovenca de 26 meses con tres de preñez obtivo a maior cotización da poxa, acadando un prezo de 2.150, por encima dos 1.800 euros do prezo de saída. Os gandeiros que adquiriron algunha das cinco xovencas da poxa contaron cunha axuda á compra 200 euros, achegada por Caixa Rural.

Finalmente, dous gandeiros con explotacións en Lalín e en Palas de Rei fixéronse con tres e dúas xovencas, respectivamente, nunha poxa, segundo Acruga, “na que a pesar de non haber demasiadas cartóns, si que se lograron bos prezos e a venda de todas as xovencas presentadas”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información