Mazaricos acollerá en maio a reunión da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes

Publicidade
Data inicio: 10/05/2019
Data fin: 11/05/2019
Lugar: Casa da Cultura Mazaricos

O concello coruñés de Mazaricos, un dos máis gandeiros de Galicia, acollerá os días 10 e 11 de maio a V Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que este ano levan por título “A produción de leite no Xallas”.

A xornada está dirixida preferentemente a gandeiros e inclúen unha xornada técnica o venres 10 e visitas a ganderías de referencia o día 11, como son Grille Sociedade Cooperativa Galega e Sat Busto Corzón.

En canto ás ponencias técnicas abordarán temas de interese para o sector como boas prácticas agrarias para aproveitar ao máximo o valor fertilizante do xurro, como transformar o xurro en compost, as perspectivas para a produción de leite en Galicia, que rotacións de cultivos forraxeiros son máis interesantes en vacún de leite ou como darlle valor ás vacas de descarte de raza frisona.

A asistencia é libre e gratuíta. Para inscribirse é preciso enviar un correo a sgpf.galicia@gmail.com ou chamar aos teléfonos 686 620 154 ou 619 032 791

Velaquí o programa:

SPFF LEITE MAZARICOS 2 SPFF LEITE MAZARICOS 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información