Martín Códax presenta o seu albariño “Arousa”, de pequenos viñedos ao lado do mar

Publicidade
Martín Códax presenta o seu albariño “Arousa”, de pequenos viñedos ao lado do mar

Adegas Martín Códax preenta o seu Martín Códax Arousa, un viño que nace dunha coidadosa selección de uvas, procedentes de micro parcelas acariñadas polo mar, na zona de San Tomé, en Cambados. Viñedos que crecen na desembocadura do Umia, cultivados por unha vintena de viticultores de longa tradición mariñeira e pesqueira.

“Estas pequenas parcelas a pé de mar, cheas de viñas plantadas nos oitenta, son viñedos tradicionais, vendimados por viticultores de gran tradición e arraigamento que traballan en pequenas extensións, con características singulares, reflexo do baño diario da brisa do Atlántico que, sumado ao solo granítico e ao microclima xerado coa mestura de augas, a riqueza de nutrientes e as temperaturas na ría de Arousa, conceden ao noso Martín Códax Arousa un sabor e unhas características representativas e especiais, reflexo da súa zonificación, do seu terrón”, explica o director técnico da adega, Miguel Tubío.

Os viticultores e viticultoras de Bodegas Martín Códax cultivan e coidan 2.500 pequenas parcelas que dan lugar a zonas diferenciadas, xa non só en función das plantas, cuxa idade media é de 35 anos, senón grazas tamén á diversidade de terróns e á atomización de viñedos, que nos permite facer viños como Martín Códax Arousa, tan representativo precisamente desta zona de mar.

“Dende 2006 en Bodegas Martín Códax traballamos na clasificación de zonas, co apoio das novas tecnoloxías, para seleccionar diferentes terróns, que deron lugar a un viño tan extremo e con tanta frescura como o Martín Códax Arousa que leva unha crianza con lías de 18 meses en depósitos de aceiro inoxidable”, detalla Tubío.

Un viño de 2017 con marcado carácter salino, iodado e atlántico. Persistente e profundo, con aromas que lembran ás plantas do litoral de Galicia como o verdello e o fiúncho de mar, que marida perfectamente con mariscos, peixes brancos e ceviches.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información