Mantense a estabilidade de cotizacións en Amio

As mesas de prezos de Amio acordaron por segunda semana consecutiva a repetición dos valores de referencia do gando. Non houbo cambios nin en Ternera Gallega nin no tocante ós prezos de gando de recría, vacún mediano e vacún maior.

En canto á asistencia de gando, entraron no recinto de Amio 2.195 reses, sete máis que a pasada semana. Houbo 1.717 cabezas de recría (37 menos que na última feira), 253 de vacún mediano (33 menos) e 207 de vacún grande (79 máis que no anterior mercado).

Máis información
Táboa completa das cotizacións de Amio (5-IX-2018).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información