Máis de 160 concellos galegos interesados no Plan de Loita contra a Vespa Velutina

Máis de 160 concellos galegos interesados no Plan de Loita contra a Vespa Velutina

Exemplar de Vespa Velutina

A Xunta continúa coas actuacións para poñer en marcha o Plan de loita contra a vespa velutina acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Os concellos galegos teñen de prazo ata o próximo martes, 31 de decembro, para adherirse ao plan. Ata ao momento, máis de 160 entidades locais galegas amosaron o seu interese no programa e xa anunciaron á Dirección Xeral de Administración Local a súa intención de unirse de forma voluntaria.

A Administración autonómica reactivou esta semana o contacto coa Fegamp para a súa implantación en todo o territorio galego, co obxectivo de que poida estar operativo ao longo do vindeiro mes de xaneiro.

A Xunta e a Fegamp acordaron o pasado outubro poñer en marcha de maneira coordinada e conxunta este Plan, que conta cunha dotación de 2,3 millóns de euros, a través de fondos propios da Administración autonómica e do Fondo de Cooperación Local. O Goberno galego xa vén traballando desde o 2014 nun programa de vixilancia e control para minimizar o impacto da vespa asiática na comunidade e, ante o aumento da súa presenza, decidiu redobrar os esforzos e actuar coa Fegamp coa posta en marcha deste Plan para frear o seu avance.

O Plan de loita contra a vespa velutina basease na concentración de recursos para eliminar os seus niños na comunidade e ofrecer unha resposta profesional e eficaz de forma homoxénea en tódalas zonas afectadas. Desta forma, a Xunta, en colaboración cos concellos que se adhiran a este plan, realizará os traballos de retirada de niños da vespa velutina.

Estas actuacións están sendo levadas a cabo, polo de agora, de forma directa con medios propios dos concellos en 124 municipios denominados colaboradores, unha vez que se recibe o aviso no teléfono habilitado no 012. Tamén participan os GES, e persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e da Consellería do Medio Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información