Lixeira baixada do gando vacún en Silleda

Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia de Silleda do 5 de maio.

Lixeira baixada do gando vacún en Silleda

Lonxa de Silleda.

Os prezos do vacún na Lonxa de Silleda deste martes caracterizáronse pola leve tendencia á baixa nos prezos, en todas as categorías. As cotizacións que aguantaron mellor foron as de becerros de raza Frisona para recría e as vacas de desvelle.

En concreto, os xatos de raza Frisona de menos de 20 días baixaron os 101 €, fronte á media da semana pasada de 112 euros. Tamén baixaron algo os de 21 a 50 días até os 127 euros e os de máis de 50 ata os 139 euros, fronte aos 149 da pasada semana. Nos de cruce industrial a tendencia foi máis desigual: baixaron lixeiramente os de menos de 20 días ata os 295 €, algo máis os de 21 a 50 días, e pola contra os machos de máis de 51 días subiron ate os 447 euros, fronte aos 332 da semana pasada.

E nos becerros carniceiros as cotizacións variaron notablemente en función da raza: os de raza Frisona baixaron até os 428 €, fronte aos 481 euros da semana pasada, ao igual que os de Rubia Galega, que se pagaron a unha media de 839 euros. Pola contra, os de Cruce Industrial, subiron tanto machos como femias.

No vacún maior, o sector de máis importancia económica da Lonxa de Silleda, os prezos mantivéronse con lixeiras oscilacións á baixa.

As cotizacións do vacún quedaron do seguinte xeito:

PREZOS_vacun_SILLEDA_05_05_15

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

 

Baixan os ovos de clase M e S

Nas mesas de prezos as cotizacións medias dos ovos baixaron nas categorías M e S un 0,02%. Deste xeito, os ovos quedaron nos 1,10 € a ducia para a categoría L; 0,98 para a M, e 0,83 € a ducia para os de clase S. En canto ás galiñas de desvelle,mantivéronse sen cambios.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións tamén se mantiveron sen cambios con respecto á semana pasada, nos 1,50 €/kilo.

Mantense o prezo do porco cebado e o dos bacoriños

En canto aos leitóns, a mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acordou manter os prezos da semana pasada. Deste xeito, as cotizacións quedaron nos 53 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 48 € para os procedentes de varias.

En canto ao porco cebado, decidiuse manter os prezos. Nos principais mercados europeos a tendencia foi á baixada de prezos, por terceira semana consecutiva: 0,070 en Alemaña e en Holanda. A caída coincide co fin das axudas da UE ao almacenamento privado de carne de porcino.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

PREZOS_PORCINO_SILLEDA_05_05_15

Fonte: Central Agropecuaria de Galicia

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información