Listado de beneficiarios das axudas para o subministro de auga ás ganderías

Listado de beneficiarios das axudas para o subministro de auga ás ganderías

Bebedeiro nunha gandería de vacún de leite.

A Consellería do Medio Rural publica este venres no Diario Oficial de Galicia o listado das solicitudes aprobadas para as axudas para garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias. A estas axudas, publicadas o pasado mes de novembro, presentáronse un total de 678 solicitudes e, unha vez estudados os expedientes, serán finalmente 566 as persoas beneficiarias, entre as que se repartirán 375.000 euros.

Por provincias, a maior parte das axudas corresponde á de Lugo, con 356 solicitudes, o que supón un 62,9% do total. Séguenlle, por orde de peticións, Ourense, con 74 (un 13,07%), Pontevedra, con 69 (12,19%) e A Coruña, con 67 (11,84%).

Cada un dos beneficiarios terá ata setembro de 2018 para xustificar as achegas. A media de axuda finalmente quedouse en arredor do 25% dos investimentos subvencionables. Esta porcentaxe é inferior ao 50% dun plan de mellora. Neste sentido, fontes do sector temen que unha gran parte das axudas queden sen xustificar.

“Sería preferible que a Consellería xuntase máis orzamento, xa que con 406.000 euros máis de presuposto se conseguía asignar o 50 % de axuda. Ademais, con algo de planificación esta axuda poderíase incluír no PDR, e forma que a porcentaxe da axuda aumentaría e a necesidade de fondos propios da Xunta diminuiría”, sinalan.

Consulta aquí a lista completa de beneficiarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información