Listado de admitidos no curso de teleformación para acceder ás axudas de incorporación

A web de Medio Rural ven de publicar a a relación definitiva de persoas no curso de teleformación para a incorporación á empresa agraria. Finalmente serán 357 as mozas e mozos que poderán facer estes cursos, necesarios para acceder ás axudas de incorporación á actividade agraria.

Listado de admitidos no curso de teleformación para acceder ás axudas de incorporación

Xornada do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia

A web da Consellería do Medio Rural vén de publicar a relación definitiva de admitidos no curso de teleformación para a incorporación á empresa agraria. Deste xeito, dáselle publicidade ao listado, unha vez rematado o prazo establecido para a presentación de reclamacións ou emendas.

En total serán 357 as mozas e mozos que poderán facer estes cursos vía telemática, uns cursos necesarios para acceder ás axudas de incorporación á actividade agraria. Os cursos teñen unha duración de 250 horas, estruturadas en varios módulos, e desenvolveranse nas vindeiras semanas.

Ademais desta opción da teleformación, a consellería ofrece cursos presenciais nos seus diferentes centros de ensino agrogandeiro. Unha vez realizados estes cursos, os aspirantes deberán superar os correspondentes á orientación produtiva solicitada, que vai desde o vacún de leite, carne, extensivo, etc.

Consulta aquí a relación definitiva de persoas admitidas. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información