Lista de viños e destilados premiados nas Distincións Gallaecia 2018

Publicidade
Lista de viños e destilados premiados nas Distincións Gallaecia 2018

Panel de cata das Distincións Gallaecia

O Concurso de Viños “Distincións Gallaecia”, organizado desde hai 20 anos pola Asociación de Sumilleres de Galicia, deu a coñecer este martes os viños e destilados premiados en 2018.

Nesta edición participaron 645 viños e destilados de todas as denominacións de orixe de Galicia. Así mesmo montáronse 16 paneis de cata conformados por 48 catadores de toda Galicia, acompañándonos tamén catadores de Madrid, Castela León, Cataluña e Reino Unido. As Distincións Gallaecia están consolidadas como un dos concursos de viños máis prestixiosos de España.

En total 101 referencias (68 viños e 33 destilados) foron distinguidas na edición das Distincións Gallaecia 2018. Nos viños 47 foron tintos e 21 brancos. A DO máis premiada foi a de Rías Baixas (21 distincións), seguida do Ribeiro (15), Valdeorras (13), Ribeira Sacra (11) e Monterrei (8).

Viños brancos:

18_gallaecia_blancos

Viños tintos:

18_gallaecia_tintos

Augardentes e destilados: 

18_gallaecia_destilados

Panel de Cata Final Distincións Gallaecia 2018

Os membros de Gallaecia que participan na Cata Final son aqueles que participaron en maior o número de catas previas desta edición e técnicos dos consellos reguladores. O panel de cata desta edición estivo integrado por:

Aurelio Vázquez (Presidente Gallaecia – Catador rest. Casa Aurelio)
Luís Paadín (Secretario de Catas – Autor da Guía de Viños de Galicia)
Alejandro Paadín (Vicepresidente Gallaecia – Xerente Servino Consulting)
Pedro Sestayo (Tesoureiro Gallaecia – Formador de hostalaría)
Javier Facal (Catadora-xefe de bebidas do Grupo El Huerto)
Humberto Loureiro (Membro do panel de cualificación D.O. Ribeira Sacra)
Rebeca André (Membro do panel de cualificación D.O. Monterrei)
José Dopazo (Membro do panel de cualificación  D.O.  Rías Baixas)
Erika Laíño (Promoción & Comunicación D.O Ribeiro)
Jorge Mazaira (Director Técnico D.O. Valdeorras)
Santiago Pérez (Técnico do C.R. D.O: Valdeorras)

Asociación Gallaecia

Gallaecia, integrada por  máis de cen catadores do catro provincias galegas, é unha asociación sen ánimo de lucro, sen axudas, nin patrocinios, nin subvencións. Grazas a esta independencia que mantén, vén demostrando ano tras ano unha gran solvencia no sector, proba diso é a elevada participación de mostras ás Distincións Gallaecia, seguramente o concurso rexional con maior número de participantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información