Lista de solicitudes denegadas de dereitos de pago básico da PAC 2015

Lista de solicitudes denegadas de dereitos de pago básico da PAC 2015

A Consellería do Medio Rural publica este venres no Diario Oficial de Galicia a lista de solicitudes denegadas de dereitos de pagamento básico da reserva nacional correspondente á campaña 2015.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), no prazo dun mes.

Das arredor de 800 solicitudes denegadas, os principais motivos son:

-001104 O solicitante non ten expediente con resolución favorable de concesión de axuda de primeira instalación no ámbito dun Programa de desenvolvemento rural (PDR) e non acredita a súa instalación como agricultor profesional nunha explotación prioritaria nos sectores xa incorporados no réxime de pagamento único ou dos sectores citados no artigo 13 do Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro.

-01107 O solicitante non se incorpora nos 5 anos anteriores á súa solicitude de dereitos de pagamento básico de reserva nacional.

-001108 O solicitante non se atopa en situación de alta na Seguridade Social por ningunha das actividades compatibles co réxime agrario á data de finalización do prazo da solicitude de dereitos de pagamento básico de reserva nacional.

Consulta aquí a lista completa de solicitudes denegadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información