Lista de nomeados aos Premios Mágnum do Viño Galego 2017

O INGAVI outorga anualmente estes premios que teñen por obxectivo fomentar a excelencia no sector e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños e profesionais do viño do máximo prestixio.

Publicidade
Lista de nomeados aos Premios Mágnum do Viño Galego 2017

Entrega dos premios Magnum en 2016

O Instituto Galego do Viño celebrará o vindeiro día 20 de febreiro en Santiago a Gala de Entrega de
Premios da VII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego na que se recoñecerán os traballos e
profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.

Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum incorpórase un novo galardón: o Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo. «Este galardón vén recoñecer o mérito das mellores propostas encamiñadas a desenrolar o enorme potencial do enoturismo en Galicia», en palabras do director do Ingavi, Xoán Cannas. A maiores, este ano o número de nomeados en cada categoría tamén se modifica, pasando de catro a cinco, para dar cabida á gran cantidade de proxectos de calidade que están a xurdir no sector.

Lista de nomeados

O xurado concede estes galardóns en sete categorías entre as que se atopa o Mágnum Honorífico que se lle concede a unha destacada personalidade pola súa contribución en prol do viño galego.

Na categoría de Mellor Viño Galego compiten:
• El Palomar 2014 (Zárate)
• Lousas Parcela Camiño Novo 2015 (Envínate)
• Caíño Finca Genoveva 2014 (Forjas del Salnés)
• O Soro 2014 (Rafael Palacios)
• Bastarda 2015 (Fedellos do Couto)

O premio ó Mellor Viño Revelación Galego (viños cun máximo de dúas colleitas no mercado) está entre:
• Finca Lobeiras 2014 (Sílice Viticultores)
• Castro Candaz La Vertical 2013 (Raúl Pérez e Rodrigo Méndez)
• Carralcoba Blanco 2015 (Eulogio Pomares)
• Merenzao 2014 (Fazenda Prádio)
• Xanledo 2015 (Viñedos do Gabián)

Pola súa banda, os aspirantes ao título de Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):
• Adegas Guímaro
• Nanclares y Prieto Viticultores
• Bodegas Albamar
• Bodegas Rafael Palacios
• Attis Bodegas y Viñedos

Ao recoñecemento á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego optan:
• Alma Vinos Únicos
• A Emoción dos Viños
• La Alacena Roja
• Come e Fala (RTVG)
• Cepas y Vinos

Á categoría que se estrea este ano, Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo, optan:
• Os Xoves de Códax (Martín Códax)
• Adega Algueira
• Fazenda Prádio
• Casal de Armán
• Pazo Baión

O Mágnum ó Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego dispútase entre:
• Eduardo Camiña
• Xurxo Rivas (O Secreto)
• José Luis Aragunde (Ribeira De Fefiñáns)
• Elisabet Castro e Manuel Fernández (Mesón do Campo)
• Francisco Chao (Casa Chao)

En canto ao gañador do Mágnum Honórifico, este darase a coñecer na propia Gala de Entrega dos premios.

O xurado dos Premios Mágnum está composto por recoñecidos sumilleres, profesores e alumnos do
Instituto Galego do Viño. Son os seguintes: Ferrán Centelles, César Ruiz, Miguelanxo Besada, Adrián Guerra e Fernando Filgueira, Mario Barrio, Esther Daporta, Luis Díaz, Jose Martínez, Juanjo Figueroa, Elisabet Castro, Guillermo Cruz, Jorge Vila e Xoán Cannas.

Os premios estarán representados, un ano máis, por sete obras de arte; sete esculturas realizadas por Alejandra Sampedro que consisten nunha revisión da botella mágnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.

Toda a información http://www.premios-magnum.com/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información