Programa e ficha de inscrición na Escola de Xuíces Gandeiros

Programa e ficha de inscrición na Escola de Xuíces Gandeiros

Concurso morfolóxico en GandAgro

A Consellería do Medio Rural e a Federación Frisona Galega (Fefriga) porán en marcha no mes de xullo a Escola de Xuíces Gandeiros, dez anos despois da súa última edición. As xornadas celebraranse nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra os días 26, 27 e 28 de xullo, respectivamente, con saídas dende Santiago de Compostela.

Esta será a edición número vintedúas e permitirá aos asistentes coñecer a morfoloxía da vaca frisona, de tal xeito que aprendan as características do exemplar ideal desta especie, tanto de vacas como xovencas. O curso non só vai dirixido aos gandeiros socios ou non de Fefriga, senón tamén a veterinarios e técnicos do sector.

Os interesados poden apuntarse a través do boletín de inscrición que se atopa na web de Fefriga. Hai 150 prazas dispoñibles e existen diferentes descontos para o mes de xuño e par mozos. O pago inclúe os desprazamentos ás explotacións e a manutención. A escola estará organizada por Fefriga en colaboración coas Africores e patrocinada pola Consellería do Medio Rural.

O programa ten un importante peso práctico para coñecer de primeira man a morfoloxía desta raza, ademais dunha conferencia reservada á marca de leite de calidade diferenciada Galega 100% que impartirá o director-xerente do Ligal, Roberto Lorenzana, baixo o título “Galega 100%. Unha marca de calidade ligada ao territorio”.

Programa provisional

Mércores, 26 de Xullo – (A Coruña)

-9:30 Saída en autobús de Salgueiriños – Santiago.
-10:15 Concentración de Alumnos, entrega de documentación e inauguración na explotación SAT SAN VICENTE DE NIVEIRO (Val do Dubra – A Coruña), con representación da Consellería do Medio Rural.
-10:30 Charla sobre a Morfoloxía da vaca frisona impartida polo Xuíz da Escola.
-11:30 3 seccións prácticas con animais de SAT SAN VICENTE DE NIVEIRO.
-14:00 Xantar.
-16:30 4 seccións prácticas en GANDERÍA CARRO, S.L. (Boado – Mesía)
-19:00 Fin da xornada e regreso dos autobuses a Santiago.

Xoves, 27 de Xullo – (Lugo)

-9:30 Saída dos autobuses dende Santiago.
-11:00 5 seccións prácticas en SAT REI DE MIÑOTELO (A Pastoriza) e SAT A VEREDA (Castro de Rei)
-14:30 Xantar.
-16:00 Galega 100%. Unha marca de calidade ligada ó territorio. Roberto Lorenzana. Director Xerente do LIGAL.
-17:00 2 seccións prácticas en GANADERÍA POZO, SC (Lugo)
-19:00 Regreso dos autobuses a Santiago.

Venres, 28 de Xullo – (Pontevedra)
-9:30 Saída dos autobuses dende Santiago.
-10:30 4 seccións prácticas en SAT CARBALLEIRAS (Cima de Sello – Lalín).
-14:30 Xantar e Acto de Clausura coa presencia dun cargo da Xunta de Galicia.
-Regreso dos autobuses a Santiago.

Descarga aquí a ficha de inscrición.

Descarga aquí o programa das xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información