Leche Celta deixará de recoller a produción das cooperativas Mopán e Tierra Llana este mes

Leche Celta deixará de recoller a produción das cooperativas Mopán e Tierra Llana este mes

As cooperativas aínda non buscaron alternativas para as entregas do leite.

A empresa Leche Celta deixará de recoller a produción dos asociados a dúas cooperativas lucenses a finais deste mesmo mes, Mopán -con sede en Monterroso- e Terra Cha -situada na bisbarra de Terra Chá-.

No caso da cooperativa Tierra Llana, está formada por uns corenta gandeiros, a maioría do municipio lucense de Castro de Rei, cunha produción mensual duns 650.000 litros.

Dende esa mesma cooperativa, gandeiros consultados indicaron que, polo menos de momento, non se buscou unha solución alternativa para situar a produción das súas granxas cando a industria da que eran proveedores deixe de recoller as entregas a finais de abril.

Con respecto a Mopán, esta cooperativa está formada por 50 socios que producen uns 900.000 litros, aínda que neste momento só lle estaban a entregar a Leche Celta unha porcentaxe desa produción total, en torno uns 250.000 litros.

As cooperativas descoñecen o porqué da decisión de Leche Celta. Dende Campo Galego intentouse este venres solicitar a opinión ao respecto de Leche Celta, pero non foi posible polo momento que a empresa atendese a consulta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información