A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Lactox e Oxilact: Dous produtos made in Galicia para mellorar a hixiene de muxido

oxilat proquidezaProquideza é unha empresa galega referente en España na fabricación de produtos de limpeza para as ganderías de vacún de leite, especialmente para os tetos e a limpeza dos equipos de muxido e tanques de refrixeración. Foron dos pioneiros en utilizar o Aloe Vera como dermoprotector e a súa investigación céntrase en desenvolver produtos altamente eficaces e ao mesmo tempo menos agresivos para a pel e máis respectuosos co medioambiente.

Dentro dos seus produtos para despois do muxido destacan Lactox e Oxilact, dúas posibilidades en hixiene de tetos cun mesmo principio activo: o dióxido de cloro.

Vantaxes para o gandeiro:

-Calidade cosmética asegurada polas súas altas concentracións de dermoprotectores sumados á acción protectora do ALOE VERA. Un produto bo para a pel que axuda a ter tetos en bo estado durante moito tempo.

-Alto rendemento ao ter unha maior concentración que outros produtos do mercado -con principios activos moito máis diluídos-.

-Menor consumo porque deixan unha película delgada que recubre perfectamente os tetos, polo que é necesario empregar menos cantidade de produto.

-Acción escorrentadora de moscas dos tetos.

-Disponible en envases fáciles de mesturar e manexar (16+4 litros, 8+2 litros, 4+1)

-Alta persistencia: A mestura permanece activa tres semanas

LACTOX: Alta eficacia a un custe óptimo

Baño de tetos que se prepara mesturando de forma sinxela as 2 fases (A: ácido láctico + B: clorito sódico). A mestura resultante libera dióxido de cloro por un período superior a 15 días. Con gran cantidade de emolientes e suavizantes ( Aloe Vera) e escorrenta insectos.

OXILACT : Máxima eficacia debido á máis alta concentración de principios activos.

Baño de tetos que se prepara mesturando de forma sinxela as 2 fases (A: ácido láctico + B: clorito sódico). A mestura resultante libera dióxido de cloro por un período superior a 21 días. Con gran cantidade de emolientes e suavizantes ( Aloe Vera) e escorrenta insectos.

Onde e como mercalo?

www.proquideza.com ou chamando ao teléfono (+34) 986 787 5300

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *