José Ángel Blanco, de Os Irmandiños, presidirá Clun

A sociedade Cooperativas Lácteas Unidas asinou hoxe a súa escritura de constitución e entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2017

José Ángel Blanco, de Os Irmandiños, presidirá Clun

José Ángel Blanco, Pablo Costoya e José Montes. / Imaxe: Clun.

O novo grupo cooperativo galego, Clun (Cooperativas Lácteas Unidas), que nace da integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, asinou hoxe as súas escrituras de constitución, cumprindo cos prazos comprometidos o pasado 31 de outubro, tras as asembleas das cooperativas de base. A nova cooperativa de segundo grao entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2017.

A estrutura directiva de Clun estará encabezada polo presidente dos Irmandiños, José Ángel Blanco, segundo nota de prensa remitida na tarde de hoxe pola sociedade. O vicepresidente será José Montes, presidente de Feiraco, e o secretario Pablo Costoya, presidente de Melisanto.

Cada unha das cooperativas partícipes aportará a totalidade dos seus negocios -activos e persoal- á nova cooperativa, que, a partir da integración, pasará a desenvolver todas as actividades fronte a terceiros. O novo grupo contará con participacións significativas en Feiraco Piensos, Feiraco Lácteos, Clesa – Acolact, Ucoga, Delagro y Artesáns Gandeiros.

No curto prazo, o obxectivo de Clun céntrase en integrar os servizos que se lle ofrecen ós socios, de cara a optimizalos, e en abaratar a compra de suministros. No medio prazo, a cooperativa proxecta gañar volume na industrialización do leite. Das arredor de 350.000 toneladas de leite que producen os socios de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, a sociedade procesa actualmente unhas 150.000 a través de Feiraco e Clesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información