A Interprofesional pídelle ó Ministerio avances na sostibilidade da cadea do leite

O novo presidente da INLAC, José Armando Tellado, reúnese coa ministra de Agricultura para abordar a situación do acordo lácteo, asinado en setembro do 2015

A Interprofesional pídelle ó Ministerio avances na sostibilidade da cadea do leite

Reunión da ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, e do secretario general de Agricultura, Carlos Cabanas, con representantes da INLAC.

O novo presidente da Interprofesional Láctea (INLAC), José Armando Tellado (Capsa), mantivo un encontro coa ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para trasladarlle os obxectivos principais cos que está a traballar. Entre eles, Tellado destacou a necesidade de avanzar no acordo lácteo asinado en setembro do 2015 e pediulle ó Ministerio que se implicase en concretar o concepto de “sostibilidade”, que figura na redacción de dito acordo.

A INLAC considera prioritario centrarse na definición e cuantificación do que se entende por “sostibilidade” no sector, pois o acordo comprometía ás distintas partes (grupos de distribución, industrias e gandeiros) nunha cadea de valor do leite sostible, na que as distintas partes percibisen remuneracións que garantisen o seu futuro.

Desde a Interprofesional lembran que elaboraron un estudo, a través dunha consultora externa, que podería ser útil para precisar os niveis de sostibilidade. A entidade tamén lle trasladou ó Ministerio a necesidade de redefinir a utilidade do selo PLS (Producto Lácteo Sostenible) en relación a cuestións coma orixe, sostibilidade e transparencia para o consumidor.

Campaña de promoción
Outra das cuestións nas que se centrará o traballo da INLAC é na promoción dos beneficios do leite e dos produtos lácteos, de cara a revertir a tendencia actual de descenso do consumo. O organismo ten previsto iniciar esta primavera unha campaña de promoción que se extenderá tamén ó longo do 2018.

No encontro, o presidente da INLAC estivo acompañado polo vicepresidente do organismo, Ramón Artime (Asaja), e pola directora xerente da Interprofesional, Águeda García-Agulló. Tellado, por último, aproveitou para agradecerlle a ministra a súa participación en actos de promoción dos lácteos nas escolas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información