Intercambio de experiencias de mulleres que emprenderon no rural

Ribadeo acolle o vindeiro día 17 unha xornada sobre iniciativas levadas a cabo por labregas en Galicia e en Asturias e unha ponencia sobre o dereito das mulleres a ser titulares das súas explotacións

Publicidade
Data inicio: 17/10/2019
Data fin: 17/10/2019
Lugar: Ribadeo, Spain

Baixo o título Ferramentas innovadoras para unha economía rural con mulleres, a Asociación Labregas, vinculada ao Sindicato Labrego Galego, e a Confederación de Mujeres del Mundo Rural (CERES), organizan o vindeiro xoves 17 de outubro en Ribadeo unha xornada sobre a presenza da muller no mundo rural á fronte de explotacións e iniciativas afincadas no medio rural.

O programa inclúe unha ponencia de María Ferreiro, responsable da secretaría das Mulleres do SLG, que abrirá a xornada falando sobre o dereito das mulleres labregas a ser titulares das súas explotacións. A continuación coñeceranse distintas iniciativas postas en marcha por mulleres tanto en Galicia como en Asturias nun intercambio de experiencias que inclúe un xantar de convivio.

Terá lugar no antigo lavadoiro de Ribadeo, situado na Rúa dos Fornos. Esta actividade é aberta e gratuita e para anotarse hai que poñerse en contacto co SLG da Mariña no teléfono 982130615 ou no email ribadeo@sindicatolabrego.com.

programa xornada SLG labregas Ribadeo (17-10-19)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información