A integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto chamarase Cooperativas Lácteas Unidas

Representantes das entidades mantiveron esta mañá unha reunión co presidente da Xunta, coa conselleira de Medio Rural e co titular de Economía

A integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto chamarase Cooperativas Lácteas Unidas

Reunión da Xunta cos presidentes e xerentes das tres cooperativas.

A integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, aprobada polas respectivas asembleas de socios o pasado 31 de outubro, xa ten nome. A entidade que agrupará ás tres cooperativas de base chamarase Cooperativas Lácteas Unidas (Clun). Así llo expuxeron hoxe representantes do proxecto ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, con quen se reuniron para explicarlle a iniciativa. No encontro participaron tamén a conselleira do Medio Rural e o titular de Economía.

Os representantes das cooperativas trasladáronlle á Administración que os seus esforzos iniciais oriéntanse a integración dos servizos que se lle prestan ós socios, de cara a establecer sinerxias entre Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto. Os obxectivos a curto prazo céntranse na redución dos custos das materias primas (compra de forraxes e suministros) e nunha ampliación e especialización dos servizos técnicos.

Tras o encontro, o presidente dos Irmandiños, José Ángel Blanco aclaroulle ós medios de comunicación que coa reunión non se buscaba solicitar axudas da Xunta para ningún tipo de proxecto industrial, unha opción que se estudará de cara ó futuro. Na mesma liña se expresou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que lembrou que a mellora da rendibilidade das explotacións non pasa só por un aumento dos prezos do leite, senón tamén pola baixada dos custos de produción.

Cifras
As tres cooperativas que emprenderon o proceso de integración, Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, agrupan a máis de 3.500 socios e producen un 15% do leite galego, por riba das 350.000 toneladas.

Do proxecto de unión retirouse a finais de outubro a cooperativa Xallas, pois os seus socios rexeitaron por ampla maioría participar na iniciativa. Sen embargo, sí é previsible que outras cooperativas se incorporen ó proxecto nos próximos meses. Cooperativas Lácteas Unidas ten a previsión de reunirse nas próximas semanas coas cooperativas que estean interesadas para explicarlles o seu proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información