A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Inaugurado o novo laboratorio Alltech IFM TM, para avaliar a dixestibilidade das racións de ruminantes en Europa

Con Alltech IFM,, unha ferramenta inigualable para apoiar a formulación das dietas, conséguese o desenvolvemento de racións máis manexables para o rume, mitigando a xeración de restos e residuos, tanto físicos como ambientais, das racións

Inaugurado o novo laboratorio Alltech IFM TM, para avaliar a dixestibilidade das racións de ruminantes en Europa

Alltech, empresa mundial de nutrición animal, lanzou o seu primeiro laboratorio de fermentación in vitro, Alltech IFM TM, con sede en Europa, en colaboración con Harper Adams University, no Reino Unido. Alltech IFMTM é unha ferramenta nutricional para a simulación da fermentación ruminal e avaliación da dixestibilidade do penso e das forraxes polo animal.

Dirixido a agricultores, gandeiros e a fabricantes de pensos, a utilización de Alltech IFM TM pode identificar as barreiras que impiden conseguir unha función ruminal óptima. Ademais, permite que as racións sexan formuladas baseándose na dispoñibilidade dos nutrientes, axudando a reducir a perda de enerxía e o desperdicio da ración.

As mostras de pensos, que poden incluír concentrados, forraxes frescas, ensilados ou racións totais mixtas (RTM), son incubadas usando fluído ruminal durante 48 horas e, a continuación, analízaselles o seu contido en acedos graxos volátiles (AGV) e biomasa microbiana. Durante todo o proceso, Alltech IFMTM mide a produción de gas, que representa a cantidade de enerxía perdida en forma de metano e calcula as emisións de metano por animal. Validada polo estándar Carbon Trust, Alltech IFM TM é unha ferramenta efectiva para predicir as emisións de metano entérico específicas da explotación ou da dieta.

Permitirá analizar as racións do gando cos parámetros europeos

Con sede na Universidade Harper Adams, do Reino Unido, este laboratorio constitúe a sétima instalación dun laboratorio Alltech IFMTM no mundo. “A introdución en Europa do noso laboratorio Alltech IFM TM constitúe un gran avance decisivo para nós, posto que agora posuímos a capacidade de analizar as dietas con parámetros europeos, asegurando que os nosos clientes se beneficien dun apoio técnico avanzado”, expresou Matthew Smith, vicepresidente de Alltech.

Esta colaboración reforza aínda máis a alianza, que Alltech e Harper Adams University estableceron en 2013, no ámbito da investigación. “Ter o laboratorio Alltech IFMTM na Universidade Harper Adams, permítenos emprender estudos fundamentais acerca da nutrición e do metabolismo dos rumiantes para poder optimizar a fermentación ruminal e, por tanto, mellorar a saúde animal, o seu rendemento e a súa lonxevidade”, explicou o profesor Liam Sinclair de Harper Adams University. “A nosa meta, ao estudar a fondo a fermentación ruminal con Alltech IFM TM, é reducir ao mínimo os produtos de refugallo ou ben, minimizar a produción de gas e sacar o máximo proveito dos AGV e da biomasa microbiana, que son nutrientes indispensables para a vaca”, engadiu o Dr. Jim Huntington da Harper Adams.

“Xunto co equipo de Harper Adams University, estamos entusiasmados xerando novas achegas e resaltando a estreita relación existente entre certas dietas e os sistemas gandeiros de carne e de leite en alta produción, a escala europea. Agora máis que nunca, cremos que Alltech IFMTM pode desempeñar unha función extraordinaria, axudando a afrontar as grandes preocupacións polo medio ambiente, a reducir os residuos e produtos de refugallo das explotacións e, en definitiva, a contribuír ao Planet of PlentyTM”, conclúe Matthew Smith.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *