III Encontro da Mocidade Gandeira o día 18 en Lugo

Publicidade
III Encontro da Mocidade Gandeira o día 18 en Lugo

Encontro do Clube o pasado ano en Silleda

Data inicio: 18/02/2017
Data fin: 18/02/2017
Lugar: Hotel Torre de Núñez, N-VI, Lugo, España

O Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia organiza o sábado, 18 de febreiro, o III Encontro da Mocidade Gandeira, que se celebrará no Hotel Torre de Núñez, en Lugo.

O programa da xornada é o seguinte:

10:00 horas. Recepción e entrega de documentación.

10:15 horas. Benvida, presentación e inauguración das xornadas a cargo de Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural, e Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo.

10:30 horas. “As vacas fálannos da súa ración”. Xan Pouliquen, enxeñeiro agrónomo de Xestión Agrogandeira e Natureza.

11:30 horas. Pausa para café.

12:00 horas. Lesións podais máis frecuentes en gando vacún: causas prevención e tratamento. Francisco Javier Blanco, doutor en veterinaria e profesor de obstetricia e reprodución na Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid.

13:00 horas. Manexo da recría: experiencias en primeira persoa. Adrián Cundíns, enxeñeiro agrónomo da S.C.G. Xallas Barcala.

14:00 horas. Xantar e sorteo de material doado polas empresas colaboradoras.

Clausura: Rocío Manteiga Rodríguez, presidenta do Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

Descarga aquí o programa da xornada.

Descarga aquí o boletín de inscrición no encontro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información