A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

I Xornada de Agricultura Sostible en Viñedo en Cambados

Delagro, Forvi e as bodegas Condes de Albarei, Martín Códax e Paco&Lola convocan a viticultores e técnicos vitivinícolas á I Xornada “Uso Sostible” na viña, en Cambados o xoves, 23 de abril.

Publicidade
I Xornada de Agricultura Sostible en Viñedo en Cambados

Tractor fumigando.

Data inicio: 23/04/2015
Data fin: 23/04/2015
Lugar: Rúa Ribeira de Fefiñáns, 2, 36630 Cambados, Pontevedra, España

O sector vitivinícola é un dos motores económicos da bisbarra do Salnés, polo que este ano, por primeira vez, tres adegas cooperativas (Condes de Albarei, Martín Códax e Paco&Lola) xunto coas entidades Delagro, cooperativa de segundo grao, e Forvi, tenda agraria cooperativa, colaboraron para reunir nunha xornada informativa especializada a varios relatores que exporán para técnicos vitivinícolas e viticultores particulares as novidades en materia normativa e técnica de uso sostible de produtos fitosanitarios e maquinaria agrícola.

José Manuel Rodríguez, xestor de compras e vendas de produción vexetal de Delagro, dará a benvida aos asistentes ás 19:00 na Sala Xosé Peña, de Cambados. Seguidamente, Mercedes Espasandín, encargada do ROMA (Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola) e da ITEAF (Inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios) da Xunta, explicará as novidades na lexislación que afecta á inspección de maquinaria agrícola.

Afondará tamén en normativa aplicable aos usos sostibles en materia agroalimentaria Francisco García, xefe de agricultura sostible de Syngenta, compañía biotecnolóxica con presenza en máis de 90 países que integra solucións eficaces en protección de cultivos, produción de sementes e loita biolóxica.

Con respecto aos aspectos máis prácticos do cultivo da viña, Eleuterio Málaga, xefe de expertos de campo de Syngenta, explicará os principios de calibración da viña, mentres que Hugo Soares, xefe de produtos funxicidas da mesma compañía, mostrará o catálogo de produtos da viña de Syngenta.

Ás 21 horas, terá lugar a clausura da xornada cunha cata de viño español.

Delagro integra cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia. Fortemente asentada como central de compras, conta cunha potente estrutura departamental en alimentación e produción vexetal e animal, automoción, fertilizantes, combustibles, etc., ao tempo que extende a súa actividade ás áreas de asesoramiento e mercadotecnia, entre outras.

Una idea sobre “I Xornada de Agricultura Sostible en Viñedo en Cambados

  1. CORESdeCAMBADOS

    Terá lugar de 19:00 a 21:00 horas na Sala José Peña, do Paseo Marítimo de Cambados.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *