Lugares onde declarar as plantacións de patacas nos concellos afectados pola couza

Publicidade
Lugares onde declarar as plantacións de patacas nos concellos afectados pola couza

Pataca afectada pola couza guatemalteca

A Consellería do Medio Rural encargarase de recoller as patacas e os agricultores de levantar as plantacións, a maioría para autoconsumo, que se realizaron nos 31 concellos do norte de Galicia afectados pola praga da couza guatemalteca.

Así o anunciou onte a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, quen recordou que “o que plantou pataca vai ter que retirala, pero nós imos ser os encargados de recollela, para que non haxa moito movemento, e de centralizala para a súa destrución controlada».

A obriga de levantar as plantacións de patacas neses 31 concellos é cuestión de días, unha vez que a Consellería do Medio Rural publique a normativa que desenvolverá o Real Decreto co Plan de Ministerio de Agricultura para o control e erradicación da praga da Tecia Solanivora.

De momento a Xunta segue retirando de cooperativas e almacenistas de Ferrolterra e da Mariña lucense a pataca afectada pola couza -33.000 quilos a pasada semana- e recomenda aos agricultores declarar nas oficinas agrarias comarcais as plantacións que realizaron.

Neste sentido, Belén do Campo recomendou aos agricultores destes 31 concellos seguir declarando as súas plantacións para poder organizar a recollida -ata o de agora só se declararon 476 plantacións- e evitar exporse ás sancións que contempla o Real Decreto do Ministerio.

Oficinas agrarias nas que declarar as plantacións de patacas:

Ortigueira: Márquez Cortiñas, s/n – 15330 . 881 930 424 Telf. (Principal)
881 930 425 Telf. 2
881 930 426 Telf. 3
881 930 427 Telf. 4

Ferrol: Pza. Camilo José Cela, s/n (Edif. Admtvo.) 981 337 046 Telf. (Principal)
981 337 049 Telf. 2

Cedeira. Pza. Roxa, s/n (Pontenova) – 15350 . 881 930 094 Telf. (Principal
881 930 095 Telf. 2
881 930 096 Telf. 3

Foz: Paseo de Colón, 1 Bajo 982 889226 ou 982 889 228

Mondoñedo: Pardo de Cela, 22. Telf. 982 828 535

A Fruga pide á Consellería que contemple axudas para todas as persoas afectadas

Pola súa parte, a Federación Rural Galega (Fruga) reclámalle á Consellería do Medio Rural un plano consensuado co sector co fin de controlar e evitar a extensión desta praga a novas zonas do territorio galego, “así como adoptar unha liña de axudas para todas as persoas afectadas tanto para as que o Real Decreto define como operadores , entendo estes como as persoas profesionais do sector produtor e comercializador, como as que define como produtores/as non profisionais”.

“Desde a Fruga consideramos que as persoas prexudicadas non son as responsábeis dos problemas causados pola presenza desta praga, senón mais ben todo o contrario, son as que van sufrir os prexuízos da súa presenza nas súas terras, polo que non estamos de acordo co duplo castigo a que se van ver sometidas, por unha parte non poder plantar pataca para satisfacer as súas necesidades e por outra non ser compensadas por esta perda”, conclúen dende a organización agraria.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información