A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Guifor Noroeste, proveedor de referencia para o sector forestal

A empresa, con sede en Lugo, cumpre cinco anos con presenza directa en Galicia. A súa marca bandeira é John Deere, que complementa con outras máquinas e apeiros para aproveitamentos en monte

Guifor Noroeste, proveedor de referencia para o sector forestal

Procesadora John Deere en monte.

En 2020, GUIFOR NOROESTE cumpre 5 anos con presenza directa en Galicia, converténdose desde entón nunha referencia como provedor de servizos para os profesionais dos aproveitamentos forestais . Con John Deere como marca bandeira, a empresa proporciónalle unha ampla variedade de maquinaria e servizos aos seus clientes, desde a venda das máquinas á subministración dos seus repostos orixinais ou a intervención técnica en mantementos e reparación de avarías.

Zona taller das instalacións de Guifor.

Zona taller das instalacións de Guifor.

Tras finalizar a construción das súas instalacións propias no 2018, GUIFOR NOROESTE localízase no polígono empresarial As Gandaras, en Lugo, desde onde lle ofrece asistencia directa aos seus clientes da rexión Noroeste de España. Con 2.000 metros cadrados de taller, 800 m2 de almacén e máis de 6.000 m2 de campa exterior, un equipo humano de 12 persoas proporciona un servizo próximo que mellora cada día cuns medios técnicos únicos en Galicia.

Guifor pon a disposición dos seus clientes unha ampla gama de maquinaria forestal nova e usada, coa garantía dun servizo técnico oficial dunha marca de primeiro nivel, como é John Deere.


John Deere, o maior fabricante mundial de maquinaria forestal


John Deere é o maior fabricante mundial de maquinaria forestal en número de unidades e o que ten unha gama de produto máis ampla, abarcando todas as fases do proceso de corta e desembosque. Procesadoras de rodas e de cadeas, autocargadores, taladores, arrastradores, cargadores de madeira, cabezais procesadores e taladores… unha variedade de produtos única no mercado deseñada e fabricada acorde ás necesidades deste tipo de equipos.

Autocargador John Deere.

Autocargador John Deere.

É ó mesmo tempo o fabricante con maior desenvolvemento tecnolóxico no sector da maquinaria forestal e pioneiro na incorporación de innovacións, como foron no seu día as cabinas xiratorias e nivelables nos autocargadores. Seu foi tamén o IBC de Control Intelixente da Grua, un desenvolvemento vangardista que levou o funcionamento e manexo dos guindastres a outro nivel, dando como resultado un incremento na produtividade superior ao 10%.

O último gran desenvolvemento de John Deere Forestal é un sistema que xeocaliza nun mapa as trozas producidas pola procesadora, o que permite programar a intervención do autocargador

Na actualidade, o último gran desenvolvemento de John Deere Forestal é o programa de monitorización Timbermanager e Timbermaps, un sistema que recolle, trata e utiliza os datos que as máquinas xeran na súa execución para monitorizar a localización das trozas producidas pola procesadora e xeolocalizalas no mapa, de forma que se pode programar a intervención do autocargador, coñecer o grao de desenvolvemento da explotación forestal e transferir toda esa información a tempo real á oficina.

Integración de compoñentes
Se hai unha razón pola que as máquinas John Deere teñen o mellor rendemento do mercado é pola integración de todos os seus compoñentes. Os motores son desenvolvidos exclusivamente por John Deere, tendo en conta as necesidades da máquina na súa relación de potencia, par e rpm. O mesmo ocorre cos guindastres ou cos eixos, fabricados baixo un deseño único e exclusivo que ten como fin que todos os compoñentes teñan a relación adecuada entre si para que o conxunto funcione co mellor rendemento. O software, que tamén é propio, funciona perfectamente integrado co resto de compoñentes.

corta guifor estandar

Tamén configuran procesadoras especiais homologadas utilizando como máquina base unha retroexcavadora equipada con proteccións forestais e cabezal procesador.

Gama complementaria
Ademais de maquinaria meramente de corta e desembosque, GUIFOR dispón dunha gama complementaria de máquinas e apeiros de uso forestal como astilladoras, destoconadores, pinzas con sistema de corte, cabezais taladores, etc. Waratah, Bandit, Axsel, Mecanil ou Moipu son algunhas das marcas que distribúe e que completan o abanico de produto da compañía.

GUIFOR ten un profundo coñecemento do sector forestal, ao estar inmerso en todas as súas áreas, e por iso pode ofrecer un asesoramento profesional en maquinaria, explotacións forestais e análises do investimento.

Contacto
Pódenos atopar en:
Polígono Empresarial As Gándaras, Rúa G – 27.004. Lugo
Tel: 982 311 168
Email: info@guifor.com
Web: www.guifor.com
Facebook/Instagram/Twitter/Youtube: @guiforforestal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *