A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Greenalia recibe as primeiras máquinas que retirarán a biomasa dos montes galegos

Greenalia recibe as primeiras máquinas que retirarán a biomasa dos montes galegos

Entrega a Greenalia dunha das LOGSET 6F GT BUNDLE

Forest Pioneer está a entregar a Greenalia as primeiras máquinas que retirarán a biomasa dos montes galegos. Unha vez empacados, estes restos forestais serán incinerados para producir electricidade na planta que a compañía enerxética galega está a construír en Teixeiro (Curtis-A Coruña), e que prevé que entre en funcionamento a finais do primeiro trimestre do 2020, consumindo máis de 400.000 toneladas ao ano de restos de talla (ramas, cortizas, etc.).

Para realizar estes traballos de recollida de biomasa Greenalia adquiriu un total de 30 autocargadores -20 foron entregados este ano e 10 o próximo-, todos eles equipados coa compactadora de biomasa Monra ENFO-2000, fabricada pola empresa asturiana Talleres Ramón Castro S.L.

“Greenalia encargounos 10 destes autocargadores para empacadora, e xa entregamos 9. Trátase do modelo LOGSET 6F GT BUNDLE, un autocargador que, a diferenza doutras marcas, foi deseñado especificamente para traballar con empacadoras, con importantes melloras tanto a nivel hidroestático, de tracción ou de arrefriado. A adaptación das máquinas complétase no Centro Técnico de Maquinaria Forestal (TECMAF), o noso taller asociado para o Noroeste da Pensínsula e que está situado en Barreiros (Lugo)”, explican dende Forest Pioneer.

O prezo de cada unhas destas máquinas, completamente equipadas e xunto coa empacadora, sitúase entre os 480.000 e os 500.000 euros. A LOGSET 6F GT BUNDLE vai equipada cun potente motor de 250 cabalos e unha bomba de 210 litros que lle permite alcanzar unha alta produtividade: entre 200 e 250 pacas ao día, cada unha delas duns 2,5 metros de lonxitude e un peso de entre 350 e 600 quilos cada unha, dependendo da humidade da madeira, do tipo de material etc..

“Xa temos novos pedidos tanto en España como en Portugal deste autocargador especial para empacadoras”, destacan dende a empresa con sede en Irún.

Polo que respecta á compactadora de biomasa Monra ENFO-2000, leva no mercado hai 12 anos, con presenza en diversos países, como China, Chile, Romanía, Portugal, Francia…etc.

Co seu proceso de prensado e atado, a Monra ENFO-2000 consegue reducir até nun 80% o volume da biomasa facendo fardos compactos, manexables e resistentes que poden ser transportados e almacenados facilmente.

TECMAF FOREST PIONEER GREENALIA3

Así é a LOGSET 6F GT BUNDLE especial para empacadoras:

LOGSET EMPACADORA 1 LOGSET EMPACADORA 2 LOGSET EMPACADORA 3 LOGSET EMPACADORA 4

Greenalia busca persoal para traballar nas súas empacadoras:

fotma-t-greenalia (1)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *