Un grupo de 22 produtores franceses de leite, da asociación bretona ADAGE 35, visita estes días granxas lácteas galegas en sistemas de pastoreo e produción ecolóxica, para coñecer o traballo de asesoramento desenvolvido por Xestión Agrogandeira e Natureza.
Dende esta asesoría, dirixida polo agrónomo e agroecólogo Xan Pouliquen, destacan que “ante á perda de rendibilidade da produción de leite, numerosas explotacións europeas están a pór en marcha sistemas de redución de custos, sistemas de pastoreo e produción ecolóxica”.
En Galicia, Xestión Agrogandeira e Natureza SL lidera este labor de desenvolvemento destes sistemas de produción, a través do asesoramento directo a ganderías, e da organización de múltiples sesións divulgativas e formativas.
A programación desta viaxe de aprendizaxe é a seguinte:
-Sábado 9
Mañá: Arzúa. Visita a unha granxa ecolóxica. Pilar Castro Vallo. Debate co grupo de gandeiros de XAN
sobre o funcionamento técnico.
Tarde: Silleda. Visita a unha granxa convencional. Gandería O Chope.
-Domingo 10
Turismo pola ribeira sacra
-Luns 11
Mañá: Visita a unha granxa de Chantada, con elaboración propia de queixo e vacas de raza jersey. Gandería Outeiro.
Tarde: Visita a unha granxa de Pantón, con sala de muxir portátil, sistema de un solo muxido diario e venda directa de iogures, leite e queixo. Gandería Casa da Fonte
-Martes 12
Mañá: Palas de Rei. Visita a unha granxa ecolóxica con recuperación dunha aldea rural e venda directa de leite e queixo. Arqueixal
Tarde: A Pastoriza. Visita a unha granxa en pastoreo convencional. Daniel Veiga Legaspi. Visita ao castro de Viladonga
Mércores 13
Mañá: Visita de Lugo. Conferencia-debate na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior, ás 11:30 horas.