Gandeiros de Touro e de Xermade envían forraxes a ganderías do sur de Galicia afectadas polos lumes

Gandeiros de Touro e de Xermade envían forraxes a ganderías do sur de Galicia afectadas polos lumes

Forraxes enviadas por gandeiros de Touro a compañeiros de Castro Caldelas que quedaron sen forraxe para o gando debido aos lumes

Un grupo de gandeiros dos concellos de Touro, na Coruña, e de Xermade, na provincia de Lugo, enviaron este sábado unha doazón de dous cargamentos de forraxe para explotacións gandeiras dos concellos ourensáns de Melón e de Castro Caldelas que se viron afectadas polo vaga de lume.

De momento, esta axuda directa dos propios gandeiros é a única que están a recibir as explotacións de Ourense e de Pontevedra que quedaron total ou parcialmente sen forraxes para o gando, ao arderlles os pastos e a herba seca e o silo de herba que tiñan gardados.

No caso do trailer de forraxe enviado por gandeiros de Touro, na acción solidaria participaron cinco ganderías de Prevediños e a SAT Casal de Vilar, que quixeron deste xeito apoiar aos compañeiros de profesión do sur de Galicia afectados pola vaga de lumes. O destino da herba seca, palla e bolos de silo foi o concello ourensán de Melón. Os gastos de transporte foron sufragados polo concello de Touro.

Tanto este envío como o de produtores do concello de Xermade, que se destinou a Castro Caldelas, están a ser coordinados pola asociación de gandeiros Prolega, que dende o primeiro momento desenvolveu unha intensa campaña solidaria para axudar ás explotacións gandeiras que quedaron sen forraxe para o seu gando debido aos lumes.

Aquelas persoas interesadas en colaborar poden enviar un correo electrónico a asociacion.prolega@gmail.com

Chegada a Melón (Ourense) da doazón realizada por gandeiros de Touro:

TOURO_PROLEGA3

Envío realizado por gandeiros de Xermade: 

XERMADE_PROLEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información