Gandeiros bolivianos interésanse polo modelo cooperativo de Clun

Gandeiros bolivianos interésanse polo modelo cooperativo de Clun

Visita de gandeiros bolivianos á sede de Feiraco en Pontemaceira.

Un grupo de oito gandeiros chegados de Bolivia, encabezados polo presidente da Federación departamental de produtores de leite de Santa Cruz, José Luis Farah, visitaron estes días as cooperativas Os Irmandiños, Clesa e Feiraco, para recoller ideas que poidan implantar nas súas explotacións.

CLUN, integrada por Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto é un dos obxectivos do tour desta delegación boliviana por outros puntos e ganderías de España.

Mellorar a xenética e a alimentación para elevar a baixa produción que obteñen actualmente das súas vacas é a finalidade coa que chegaron os gandeiros. A maioría das ganderías do país suramericano teñen como máximo unhas 60 vacas en muxido cunha produción diaria de ao redor de 12 litros por animal.

Visita á comarca do Deza

Previamente, os gandeiros bolivianos tamén visitaron a comarca do Deza, en concreto a cooperativa Cobideza, así como ganderías de vacún de leite da zona.

A visita desta delegación de Bolivia prodúcese despois de que o secretario de gandería de Upa, e gandeiro de Lalín, Román Santalla, realizase unha visita previa ao país suramericano dentro dun proxecto de cooperación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información