Gañadores do Concurso de Gando de Raza Rubia Galega III Memorial Luciano Sánchez

Gañadores do Concurso de Gando de Raza Rubia Galega III Memorial Luciano Sánchez

Mellor semental, da gandería de Samos de Manuel López Quiroga.

A raza Rubia Galega volveu ser protagonista este sábado no pavillón do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, onde se congregaron uns 120 exemplares para participar na mostra de gando autóctono desta nova edición de Expolugo

Os animais, procedían de varias ganderías da provincia, e do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo.
Algúns destes animais desfilaron polas rúas do centro de Lugo e foron premiados despois polos xuíces.

Ganderías premiadas

A gandería de Samos de Manuel López Quiroga fíxose cos primeiros premios nas categorías de sementais, xata e xato, sendo o gañador indiscutible do Concurso de Gando III Memorial Luciano Sánchez.

Outra das explotacións máis premiadas neste certame foi a Gandería da Morena, de Friol, que obtivo catro premios, un deles o primeiro na categoría de mellor lote. Pola súa banda, Gandería Santalla, do Corgo logrou o primeiro premio á mellor cría, ademais de segundos e terceiros postos en mellor xato e semental, respectivamente.

Aínda que non logrou primeiros premios, tamén se fixo con segundos e terceiros a gandería de José Antonio Ferreiro, do Corgo, mentres que a de Estrella Buján, do municipio de Friol, conseguiu o primeiro premio na categoría de mellor vaca.

expolugo_acruga_rubia_galega

Exemplares a concurso

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información