Galiña de Mos, Cabra e Ovella Galega xa contan co logo “Raza Autóctona”

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio autoriza o uso do logotipo "Raza Autóctona" ás Asociacións de Avicultores de Raza Galiña de Mos, de Criadores de Ovella Galega e de Gandeiros de Raza Cabra Galeg

Galiña de Mos, Cabra e Ovella Galega xa contan co logo “Raza Autóctona”

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio autorizou, mediante tres Resolucións da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, o uso do logotipo “Raza Autóctona” á Asociación de Avicultores de Raza Galiña de Mos (AVIMOS), á Asociación de Criadores de Ovella Galega (ASOVEGA) e á Asociación de Gandeirosde
Raza Cabra Galega (CAPRIGA).

As tres asociacións son as entidades recoñecidas pola Consellería del Medio Rural e do Mar para a xestión do Libro Xenealóxico de cada unha das razas e as primeiras de Galicia en obter a autorización, sendo a Dirección Xeral da Produción Agropecuaria a autoridade encargada da aprobación dos pregos de condicións para a utilización do logotipo nestas razas.

No caso da Galiña de Mos trátase da primeira raza autóctona aviaria á que se lle concede este logotipo. Esta raza está catalogada en perigo de extinción e é orixinaría da bisbarra da Terra Chá, na provincia de Lugo, aínda que actualmente se distribúe por toda a Comunidade de Galicia.

Trátase dunha raza moi apreciada pola calidade da súa carne, recoñecida a nivel nacional pola produción de capóns. Actualmente se esta utilizando nos sistemas de cría en liberdade xa que alcanzan facilmente os 4,5 kg de peso vivo. A produción de ovos é moi aceptable.

A Ovella e a Cabra Galegas tamén están tamén catalogadas como en perigo de extinción, debido á súa substitución por outras razas de maior especialización cárnica e nos ultimos anos grazas á acción das asociacións de criadores os censos se están a recuperar.

Logotipo Raza Autóctona

A iniciativa do logotipo “raza autóctona” forma parte do plan de desenvolvemento do Programa Nacional de Conservación, Mellora e Fomento das razas gandeiras, que conta, entre as súas prioridades estratéxicas a utilización sostible e vías alternativas de rendibilidade para as razas e os seus produtos e as actividades de difusión e divulgación dos recursos xenéticos na sociedade.

Os responsables do uso correcto deste logotipo son as Asociacións de criadores de razas puras oficialmente recoñecidas, que son as garantes de que os animais e os produtos comercializados ao abeiro deste logotipo sexan de raza autóctona.

Estas Asociacións están a solicitar de xeito voluntario o uso do logotipo “raza autóctona”, co obxecto de diferenciar exclusivamente os produtos procedentes desas razas españolas, consolidando a confianza do consumidor e poñendo en valor a calidade dos produtos destas razas.

Coa autorización do uso do logotipo “raza autóctona” a AVIMOS,ASOVEGA e CAPRIGA, xa son 23 as razas autóctonas que poden utilizar este logotipo, que se cedeu a 22 asociacións de criadores, 12 delas recoñecidas polo MAGRAMA, 2 por Andalucía, 1 por Aragón, 2 por Castela-A Mancha, 1 por Castela e Léon, 3 por Galicia e unha por Madrid.

Una idea sobre “Galiña de Mos, Cabra e Ovella Galega xa contan co logo “Raza Autóctona”

  1. Xoán Fernández Gómez

    Alegroume motísimo cando recibín a nova durante as vacacións de verán. É moi boa nova.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información