Galicia incrementa a súa produción láctea en xullo cun prezo medio de 0,268 euros

Galicia incrementa a súa produción láctea en xullo cun prezo medio de 0,268 euros

Galicia liderou o incremento da produción de leite de vaca en xullo, ata alcanzar as 222.654 toneladas, case dous mil máis que no mes anterior, aínda que inferior ás 224.047 toneladas rexistradas en xullo de 2015. No conxunto de España, pola contra, a produción permaneceu estancada nas 578.766 toneladas, unha cifra inferior ás 581.097 rexistradas en xullo do ano pasado.

Así se desprende de os datos que vén de facer públicos o Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) sobre entregas de leite no mes de xullo.

Prezos

En canto a prezos do leite, a evolución continúa á baixa. Dos 28,8 céntimos por litro de media española en xuño pasouse aos 28,6 en xullo. En Galicia, dous céntimos por abaixo da media española, a caída foi de 26,9 céntimos por litro en xuño a 26,8 céntimos en xullo.

De xaneiro a xullo deste ano Galicia produce 1,55 millóns de toneladas de leite, o que supón o 37,8% do total español.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información