Galicia e Portugal lideran un proxecto para a recuperación de solo forestal queimado

Galicia e Portugal lideran un proxecto para a recuperación de solo forestal queimado

Terreo calcinado recuberto con palla

O próximo mes de xullo arrincará o proxecto Life Reforest, financiado pola UE baixo o seu programa LIFE, “Prevención da erosión e restauración da flora en áreas de bosques queimados grazas a unha solución innovadora a base de tecnosolos fúnxicos”.

O proxecto está liderado tanto por Galicia como por Portugal e foi financiado pola Comisión Europea baixo o Programa LIFE, dentro da área prioritaria Medio e Eficiencia nos Recursos. O obxectivo do mesmo será o desenvolvemento dunha nova estratexia para mitigar a perda de solo, asociada a episodios posteriores aos lumes en zonas forestais, mediante a aplicación dun micotecnoolo baseado en residuos orgánicos e especies fúnxicas.

Participación galega a través do CETIM, a Asociación Forestal de Galicia e Hifas da Terra

O proxecto será coordinado por CETIM, Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial, especializado en Eco Bio Tecnoloxías, área implicada no proxecto, Materiais Avanzados e Industria Dixital. LIFE REFOREST terá unha duración de 36 meses e contará cun orzamento total de 1.577.648 €.

O LIFE REFOREST contará cun consorcio internacional constituído por entidades de España e de Portugal, onde, ademais de CETIM, participarán a Asociación Forestal de Galicia (AFG), a Associaçao Florestal de Portugal (FORESTIS), Hifas da Terra, Indutec Ingenieros, Tratamientos Ecológicos del Noroeste (TEN TECNOSUELOS) e a Universidade de Aveiro.

Por tanto, a área de acción do proxecto estará localizada en dúas das áreas europeas máis afectadas polos lumes forestais: o noroeste de España e Portugal, en cuxas áreas será validada a estratexia LIFE REFOREST mediante a implementación e validación de dúas zonas piloto. Así mesmo, o proxecto contribuirá ao desenvolvemento e implementación das políticas europeas en relación co medio ambiente achegando unha nova solución que permita lograr os obxectivos ambientais e climáticos establecidos pola Unión Europea, en liña coa Estratexia temática de chans, a Estratexia forestal e as Directivas relacionadas coa contaminación das masas de auga.

O próximo 31 de xullo terá lugar en CETIM a reunión de lanzamento de LIFE REFOREST onde todos os socios revisarán as actividades do proxecto e exporán os pasos a seguir durante os próximos meses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información