Galardoados nos Premios Mágnum do Viño Galego 2018

Publicidade
Galardoados nos Premios Mágnum do Viño Galego 2018

Galardoados nos Premios Mágnum do Viño Galego 2018

Este domingo celebrouse na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, dentro de Castes – Feira Independente do Viño, a oitava edición dos Premios Mágnum do Viño Galego, uns galardóns que o Instituto Galego do Viño outorga con carácter anual en recoñecemento dos traballos e os profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia, co obxectivo de fomentar a excelencia e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños.

Nesta edición os premiados foron:

1)  Mágnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fora de Galicia:
Taberna Laredo (Madrid)

2) Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego:
Volando Voy, programa de Jesús Calleja producido por Zanskar Producciones para Cuatro

3) Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo:
Adega Algueira

4) Mágnum ao Mellor Viño Revelación Galego:
Cume do Avia dos Cantos 17 (Cume do Avia)

5) Mágnum ao Mellor Viño Galego:
Azos do Pobo 16 (Daterra Viticultores)

6) Mágnum á Mellor Adega Galega:
Adega Albamar

7) Mágnum ao Mellor Sumiller de Galicia:
Elísabet Castro (Mesón do Campo)

8)  Mágnum Honorífico “Viñolvidable”:
Esther Teijeiro Lemos

Cada un dos premiados recibiu unha escultura diferente realizada polo artista Kike Ortega. Seguindo a súa liña creativa de total ruptura co lenzo para descubrir as posibilidades artísticas de materiais a priori non concibidos para a arte, estas pezas están feitas con fragmentos de antigos bidóns de aceite, previamente aplanados cunha apisoadora, recortados e traballados polas mans do artista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información