FSC organiza un programa de visitas e actividades sobre os montes certificados en Galicia

A entidade forestal prepara sesións informativas sobre as certificacións con motivo da súa asemblea anual que celebrará a vindeira semana en Lugo. Ademais realizará un recorrido por montes con certificación

FSC organiza un programa de visitas e actividades sobre os montes certificados en Galicia

Unha visita ó monte demostrativo do Pico Sacro. // Arquivo.

FSC organiza un programa de visitas e sesións formativas sobre as certificacións forestais con motivo da súa asemblea anual, que celebra a próxima semana en Lugo.

A entidade forestal prepara para o mércores 12 unha xornada de portas abertas na que dará a coñecer algunhas das iniciativas en montes certificados FSC en Galicia e o xoves terá lugar a súa xunta anual.

As actividades levaranse a cabo na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (Epse) e contarán coa participación de distintos representantes da organización. Nestas sesións abordarán temas como os novos estándares nacionais da xestión forestal, os programas para promover o uso da madeira nas edificacións ou a conservación de hábitats naturais e a adaptación ó cambio climático a través da certificación, entre outras cuestións.

Visitarán o monte veciñal en man común de O Carballo, en Friol, e un serradoiro con cadea de custodia en Guitiriz

Ademais, realizarán visitas técnicas para coñecer a xestión de montes con certificación forestal como o monte veciñal en man común de O Carballo (Friol, Lugo), con Cerna Ingeniería, onde están a facer un control do mato con cabalos de raza autóctona galega.

Tamén visitarán un serradoiro con cadea de Custodia FSC co grupo Tenzas, en (Guitiriz, Lugo), e unha micropropiedade forestal de particulares con xestión forestal certificada FSC.

Dentro do programa de visitas, FSC tamén organizará na xornada previa, o martes día 11, un recorrido informativo ó monte veciñal en man común de Meira, en Moaña (Pontevedra), que leva máis de 20 anos de xestión en mellora continua.

Ese día tamén farán unha presentación dos grupos de xestión forestal e Cadea de Custodia de Asefor na Cidade da Cultura, en Santiago. Ademais, xa pola tarde, visitarán o monte demostrativo del Pico Sacro como exemplo de agrupación de particulares con custodia do territorio.

Asemblea anual

A entidade, que celebra neste 2019 os seus 25 anos de traxectoria, abordará na súa asemblea anual, na xornada do xoves, as contas do exercicio pasado e levarán a cabo a renovación da xunta directiva.

Na xunta anual participará, ademais do director executivo de FSC España, Gonzalo Anguita, o presidente da asociación, Javier Fernández Candela e tamén intervirá Jacobo Aboal, subdirector Xeral de Recursos Forestais da Consellería de Medio Rural.

A continuación recollemos a programación detallada de actividades para estas dúas xornadas:

Mércores 12 de xuño -Xornada de Portas Abertas

Sesión Inaugural 10:30 – 10:50 horas
-Javier Fernández Candea, Presidente de FSC España
-Tomás S. Custa García, Director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela
-Anand Punja, Director rexional para Europa de FSC Internacional

Sesión Informativa 10:50 – 11:30 horas
-Silvia Martínez, Directora Técnica de FSC e María Melero, Program Manager Forest Management de FSC International. Tratarán os seguintes temas:

Certificación dos Servizos Ecosistémicos coa participación de Ceganor, Asefor & Tenzas
Innovación Dixital en FSC para a verificación das transaccións: blockchain programa FALCON
Nova política de pesticidas
Novos estándares nacionais de xestión forestal
Preguntas ou intervencións dos socios

Pausa café 11:30 – 12:00 horas

Sesión Comunicación e mercadotecnia 12:00 – 12:45 horas
-César Javier Palacios, Responsable de Comunicación de FSC España; Lorena Guerra, Unidade de Marca e Desenvolvemento de Negocio; e Gonzalo Anguita, Director Executivo de FSC España. Abordarán as seguintes temáticas.

Logros de Mercadotecnia e Comunicación
Vídeo do programa Have a Wood Day, financiado polo MAPA, para promover o uso da madeira na edificación
Presentación da campaña ‘Xuntos, somos FSC’
Resultados do Estudo de Consumidores en España, Globescan
Preguntas ou intervencións dos socios

Sesión Proxectos 12:45 – 13:30 horas
-Marcos Estévez, Xestor de proxectos e Silvia Martínez, Directora Técnica de FSC. Tratarán as seguintes cuestións:

Conservación activa de hábitats e aves mediante certificación FSC e custodia do territorio (Fundación Biodiversidade).
Adaptación ó cambio climático a través da certificación FSC: implementación e seguimento dun protocolo de xestión adaptativa dos bosques españois (Fundación Biodiversidade & Oficina Española de Cambio Climático)
Bosques Galegos e Absorción de CO2 (Convenio de Colaboración con Inditex)
Emprega-Madeira 2018 (Fundación Biodiversidade – Emprega Verde)
Especialización Forestal 2019 (Fundación Biodiversidade – Emprega Verde)

Pausa comida 13:30 – 15:00 horas

Visita guiada a montes e empresas certificados FSC Saída ás 15:00 – 19:00 horas
Monte Veciñal en Man Común de Carballo, en Friol, con CERNA e J.M. Iglesias (Presidente do MVMC); serradoiro e plantacións de piñeiro e eucalipto de micropropiedades forestais representativas de particulares en Guitiriz con Tenzas.

Reunión de socios de Cámaras 19:00 – 20:30 horas.

Marcaranse os puntos de encontro para as tres cámaras no Campus de Lugo.

Sesión de Entidades Certificadoras 19:00 – 20:30 horas
Reunión pechada entre as Entidades Certificadoras e o Equipo de FSC
Opcional: Visita guiada ó centro de Lugo 20:30 horas

Xornada do xoves 13 de xuño – Asemblea Xeral

10:00 horas. Rexistro e primeira convocatoria. Constitución da Mesa Asemblearia e do Comité Electoral (se hai quorum)

10:30 horas. Segunda convocatoria e Inauguración da Asemblea a cargo de Jacobo Aboal, Subdirector Xeral de Recursos Forestais, Consellería do Medio Rural, Xunta de Galicia

10:45 horas. Aprobación da Acta da Asemblea anterior e presentación de altas e baixas de socios

11:00 horas. Presentación e aprobación das contas de 2018. Gonzalo Anguita, Director Executivo de FSC España

11:30 horas. Pausa café

12:00 horas. Presentación do informe de xestión e análise orzamentaria de 2018 conforme ó Plan Estratéxico Nacional. Gonzalo Anguita, Director Executivo de FSC España

12:30 horas. Renovación da Xunta Directiva. Presentación de candidaturas e votacións

14:15 horas. Pausa comida

15:30 Presentación de mocións e votacións. Rogos e preguntas

17:00 horas. Clausura por Javier Fernández Candea, Presidente de FSC España

– Programa das xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información